Mentres os bendicía, era levado ao ceo - Lc 24, 46-53

Domingo 7 de Pascua, ciclo C - Ascensión do Señor


QUE FACEDES OLLANDO AO CEO?

Que facedes aí plantados ollando ao ceo?
Facede a tarefa.

Non vos crucedes de brazos
porque de todo o que podemos facer
e non fagamos, pediránsenos contas.

Que fermosa tarefa ternos encomendada!
Acender o sol cada mañá para todos,
sacarlle brillo á lúa para que alume
polos camiños da escuridade,
limpar o aire para que respiremos ledicia.

Deixáronnos na casa
para organizar entre os traballadores
unha convivencia digna.
Traballemos con forza na tarefa encomendada.

Comentarios

Publicacións populares