Como rezar o Via Lucis - 5ª parte
ADAPTADO DE : www.es.catholic.net
9ª ESTACIÓN:
XESÚS FORTALECE A FE DE TOMÉ.
XESÚS FORTALECE A FE DE TOMÉ.
Tomé
non estaba cos demais apóstolos no primeiro encontro con Xesús resucitado. Eles
contáronlle a súa experiencia gozosa, pero non se deixou convencer. Por iso o
Señor, agora diríxese a el para confirmar a súa fe.
26Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con
eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo:
‑Paz convosco.
27Despois díxolle a Tomé:
‑Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no
meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.
28Tomé respondeulle:
‑¡Meu Señor e meu Deus!
29Xesús díxolle:
‑¿Tes fe porque me viches? ¡Benia os que
creron sen veren!
Comentario
Tomás
non se deixa convencer polas palabras, polo testemuño dos demais apóstolos, e
busca os feitos: ver e tocar. Xesús, que coñece tan intimamente o noso corazón,
busca recuperar esa confianza que parece perdida. A fe é unha graza de Deus que
nos leva recoñecelo como Señor, que move o noso corazón cara a El, que nos abre
os ollos do espírito. A fe supera as nosas capacidades pero non é irracional,
nin algo que se impoña contra a nosa liberdade: é máis ben unha luz que ilumina
a nosa existencia e axúdanos e fortalece para recoñecer a verdade e aprender a
amala.
Que
importante é estar pegados a Cristo, aínda que non o sintamos preto, aínda que
non o toquemos, aínda que non o vexamos!
Oración
Señor
Xesús, auméntanos a fe, a esperanza e o amor.
Dános
unha fe forte e firme, chea de confianza.
Pedímosche
a humildade de crer sen ver,
de
esperar contra toda esperanza
e
de amar sen medida, cun corazón grande.
Como
dixeches ao apóstolo Tomé,
queremos,
aínda sen ver, render o noso xuízo
e
abrazarnos con firmeza á túa palabra
e
ao maxisterio da Igrexa que has instituido,
para
que o teu Pobo permaneza na verdade que libera.
10ª ESTACIÓN:
XESÚS RESUCITADO NO LAGO DE GALILEA
XESÚS RESUCITADO NO LAGO DE GALILEA
Os
apóstolos volveron ao seu traballo: á pesca. Durante toda a noite esforzáronse,
sen conseguir nada. Desde a beira Xesús convídalles a empezar de novo. E a
obediencia outórgalles un xentío de peces.
Do Evanxeo segundo San Xoán 21,
1-6a
1 Máis adiante aparecéuselles outra vez Xesús ós seus discípulos onda o
lago de Tiberíades. Foi deste xeito: 2estaban xuntos Simón Pedro, Tomé o
chamado Xémeo, Natanael o de Caná de Galilea, os do Zebedeo, e mais outros dous
discípulos seus. 3Simón Pedro díxolles:
Eles contestaron:
‑Imos nós contigo tamén.
Saíron, e subiron a bordo. Pero aquela noite non colleron nada. 4Xusto cando acababa de rompe-lo día, presentouse
Xesús na ribeira do lago. Pero
non se decataron os discípulos de que era Xesús. 5Xesús preguntoulles:
‑Rapaces, ¿tedes algo que comer?
Eles responderon:
‑Non.
6Díxolles entón:
‑Largade o aparello por estribor e
atoparedes.
Comentario
Nos
momentos de incerteza, os apóstolos únense no traballo con Pedro. A barca de
Pedro, o pescador de Galilea, é imaxe da Igrexa, cuxos membros, ao longo da
historia están chamados a pór por obra o mandato do Señor: 'seredes pescadores de homes'. Pero non vale unicamente o esforzo
humano, hai que contar co Señor, fiándonos da súa palabra, e botar as redes.
Nas
circunstancias difíciles, cando parece que humanamente se puxo todo pola nosa
banda, é o momento da confianza en Deus, da fidelidade á Igrexa, á súa doutrina. O apostolado, a
extensión do Reino, é froito da graza de Deus e do esforzo e docilidade do
home. Pero hai que saber descubrir a Xesús na beira, con esa mirada que afina o
amor. E El premiaranos con froitos abundantes.
Oración
Señor
Xesús,
fai
que nos sintamos orgullosos de estar subidos
na
barca de Pedro, na Igrexa.
Que
aprendamos a amala e respectala como nai.
Ensínanos,
Señor,
a
apoiarnos non só en nós mesmos e na nosa actividade,
senón
sobre todo en Ti.
Que
nunca che perdamos de vista,
e
sigamos sempre as túas indicacións,
aínda
que nos parezan difíciles ou absurdas,
porque
só así recolleremos froitos abundantes
que
serán teus, non nosos.
11ª ESTACIÓN.
XESÚS CONFIRMA A PEDRO NO AMOR
XESÚS CONFIRMA A PEDRO NO AMOR
Xesús
colleu aparte a Pedro porque quere preguntarlle polo seu amor. Quere polo á
fronte da nacente Igrexa. Pedro, pescador de Galilea, vai converterse no Pastor
dos que seguen ao Señor.
Do Evanxeo segundo San Xoán 21,
15-19.
15Cando xa comeran, preguntoulle Xesús a Simón Pedro:
El contestoulle:
‑Si, Señor, ti sabes que te quero.
Xesús díxolle:
‑Apacenta os meus años.
16E de novo preguntoulle por segunda vez:
‑Simón de Xoán, ¿ámasme?
El respondeulle:
‑Si, Señor, ti sabes que te quero.
Xesús díxolle:
‑Apacenta as miñas ovellas.
17E preguntoulle por terceira vez:
‑Simón de Xoán, ¿quéresme?
Entristeceuse Pedro de que lle preguntase por terceira vez "¿quéresme?", e respondeulle:
‑Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero.
Xesús díxolle:
‑Apacenta as miñas ovellas. 18Con toda verdade cho aseguro: cando eras
novo vestíaste ti e ías onde querías; cando te fagas vello, estendera-las túas
mans, e vestirate outro e levarate onde non queres.
19Dixo isto para significar con que clase de morte había de dar gloria a
Deus. E despois engadiu:
‑Sígueme.
Comentario
Pedro,
o impulsivo, o fogoso, queda a soas co Señor. Séntese avergoñado porque lle
fallou cando máis o necesitaba. Pero Xesús non lle reprocha a súa covardía: o
amor é máis grande que todas as nosas miserias. Lévalle polo camiño de renovar
o amor, de recomenzar, porque nunca hai nada perdido. O tres preguntas de Xesús
son a mellor proba de que El si é fiel ás súas promesas, de que nunca abandona
aos seus: sempre está aberta, de pao a pao, a porta da esperanza para quen sabe
amar.
A
resposta de Cristo, Bo Pastor, é porlle a el e aos seus Sucesores á fronte da
nacente Igrexa, para pastorear ao Pobo de Deus coa solicitude dun pai, dun
mestre, dun irmán, dun servidor. Así, Pedro, o primeiro Papa, e logo os seus
sucesores son 'o Servo dos servos de Deus'.
Oración
Señor
Xesús,
que
saibamos reaccionar antes os nosos pecados,
que
son traizóns á túa amizade,
e
volvamos a Ti respondendo o amor con amor.
Axúdanos
a estar moi unidos ao sucesor de Pedro,
ao
Santo Pai, o Papa, co apoio eficaz que dá a obediencia,
porque
é garantía da unidade da Igrexa e da fidelidade ao Evanxeo.
Comentarios
Publicar un comentario