Lóente os pobos, oh Deus, lóente os pobos todos - Salmo 66
Domingo 6 de Pascua - ciclo C
DÁME CALMA, SEÑOR
Déixame sentir a fonda
paz presente
en cada experiencia, a
harmonía de vivir.
Dáme calma, Señor, de
maneira que poida
entrar na fonda paz
dentro do meu corazón.
Dáme paz de maneira que
vexa
a beizón agochada en
todas as cousas.
Gárdame de palabras ociosas
e vas fantasías.
Calma a carreira da miña
mente para que meus
pensamentos teñan a
claridade e movemento
fácil do fresco aire que
respiro.
Busco a serenidade dun
lago tranquilo,
a forza dun carballo, o
sólido poder das montañas.
Dáme calma, Señor, para
que poida
Empregar tempo en gozar
a paz,
na beleza que creaches ao meu arredor.
Necesito tempo para
pensar,
tempo para considerar
solucións a problemas;
tempo para confortar o
meu interno ser
e a miña vida en amor e
divina orde.
Dáme calma, Señor, é a
miña oración,
e mentres oro, sinto que
me aquieta a túa presenza,
sinto a suavidade da túa
man na miña.
Estou tranquilo, estou
quedo, estou en paz.
Grazas, Pai, que me
oíches...
e eu sei que sempre me oes.
Amén
Comentarios
Publicar un comentario