Para o Corpus Christi - ciclo C ... e máis un aviso

Adaptado ó galego de: 



Aquí tedes varias posibilidades de traballo 
para os nenos da catequese ou da clase de Reli:

1. Algo sinxelo con cartolina (do blogue de lasmelli, o mesmo das fichas anteriores) :




2. Unha opción tradicional: unha alfombra de flores, inda que non sexa costume na vosa parroquia, podería quedar bonita cun debuxo sinxelo referido ó Corpus para facer cos nenos da catequese, so tedes que pedirlles flores á xente da parroquia que desexe participar coas que ten na casa, logo elixir debuxo, desfolla-las flores, pintar con tiza o debuxo, perfilar e encher:





3. Ó estilo americano -facendo manualidades-, cunhas copas de plástico, papel de seda e cola branca para o cáliz e, con arxila branca que seca ó aire, fanse as formas que se poden recortar coa mesma copa e escribir no centro dela "IHS". 





Lembrade que tedes máis ideas en páxinas de anos anteriores: 

--------------------------------------------
Este aviso chegoume onte, por se alguén ten interés:

Os vindeiros 29 e 30 de maio o xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud, dará sendas conferencias en A Coruña e Vigo. 

Estas charlas están organizadas por ARELA e Fundación Barrié, dentro da colaboración que establecimos para levar o Programa KTORCE18 a toda Galicia:
·   A charla de A Coruña, será o vindeiro 29 de maio ás 20:00 horas na sede da Fundación Barrié en A Coruña.
·   A Charla de Vigo, será o vindeiro 30 de maio ás 20.00 horas na sede da Fundación Barrié en Vigo.

Antes do comezo das charlas ARELA exporá os resultados do primeiro curso escolar no que ARELA e Fundación BARRIÉ colaboraron no desenvolvemento do programa KTORCE18.
  

Comentarios

Publicacións populares