Corpus Christi - ciclo C
SANTÍSIMO CORPO E SANGUE DE CRISTO - CICLO
C
Primeira Lectura Xén 14,
18-20
LECTURA DO LIBRO DA XÉNESE
Ofreceu pan e viño
Naqueles días, Melquisédec,
rei de Salem, presentou pan e viño, pois era sacerdote do Deus Altísimo, e
bendiciu a Abrán con estas palabras:
‑ Bendito sexa Abrán polo
Deus Altísimo, que fixo ceo e terra. Bendito sexa o Deus Altísimo, que puxo os
teus inimigos na túa man.
Abrán deulle a Melquisédec o
décimo de todo.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 109, 1.
2. 3. 4
R/. (4bc): Ti es sacerdote para sempre conforme ao
rito de Melquisédec.
Palabra do Señor ao meu Señor:
Senta á miña dereita,
mentres poño os teus inimigos
por estrado dos teus pés.
O Señor estenderá desde Sión
o cetro do poder:
domina nos teus inimigos.
Ti es príncipe desde o día do teu nacemento,
tes aura sagrada desde o seo;
xereite coma orballo antes da aurora.
O Señor xurouno, e non se arrepinte:
Ti es sacerdote para sempre
conforme ao rito de Melquisédec.
Segunda Lectura 1 Cor 11,
23-26
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Cantas veces comedes e bebedes, anunciades a morte do Señor
Irmáns:
Eu recibín do Señor, e
transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que o entregaron,
colleu pan e, despois de dar grazas, partiuno e dixo:
"Isto é o meu
corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria miña". Do mesmo
xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo:
"Esta copa é a
Nova Alianza, no meu sangue; cada vez que a bebades, facédeo en memoria
miña".
Polo tanto, cada vez
que comedes este pan e bebedes desta copa, anunciades a morte do Señor, ata que
El volva.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SECUENCIA, AD LIBITUM: Lauda, Sion, Salvatorem
ou, máis breve: Ecce panis
Loemos o Salvador,
o noso guía e pastor,
cun cantar afervoado.
Loémolo xenerosos,
pois don tan marabilloso
A razón de tal loanza,
o pan vivo no que alcanza
o pobo gozosa vida.
Ós doce en leda irmandade
fora entregado en verdade
na cea de despedida.
Ampla e sonora cantiga:
que fale a alma e bendiga
con indicible ledicia.
Hoxe é a recordación
da primeira institución
desta mesa sen malicia.
Na mesa do novo Rei,
nova Pascua, nova lei,
o tempo vello termina.
O novo vence ao que é vello,
a verdade ao seu espello,
e a luz a noite ilumina.
Cristo mándanos facer
na súa memoria e querer
o que na Cea el fixera.
Seguindo no seu camiño
consagramos pan e viño
cal hostia de amor sincera.
Dogma para o pobo cristián:
en carne tórnase o pan
e o viño faise sangue.
A fe confirme animosa
o que a razón pretensiosa
non entende nin abrangue.
Baixo unha humilde aparencia
de signos, late a presenza
de cousas marabillosas.
Mantenza a carne, e bebida
o sangue, Cristo todo vida
en cada parte gozosa.
Quen o come, toma enteiro
o seu corpo sobranceiro
non diviso nin rompido.
Come un e comen mil,
tanto este coma aquil,
e non se dá consumido.
Os bos e os malos o comen,
con dispar sorte o consomen:
lance de vida ou de morte.
Morte ao malo, vida ao bo,
única mesa de unión
pero moi distinta sorte.
Partido xa o sacramento,
non dubides, olla atento
que tanto encerra o fragmento
coma todo o corpo enteiro.
Non hai no fondo fisura,
só o signo se fractura,
nin o amor nin a feitura
reve do que é verdadeiro.
O pan dos anxos foi feito
de camiñantes proveito;
pan para os fillos é feito,
que non para darlle aos cans.
En símbolos persignado:
con Isaac inmolado,
año pascual ofrendado,
para os devanceiros maná.
Bo pastor, pan sobranceiro,
pan para o pobo esmoleiro,
mantennos e sé o guieiro
que nos conduza certeiro
ata as fontelas da vida.
Ti, Señor de canto hai,
que termas de nós, mortais,
fainos os teus comensais
coas multitudes triunfais
na mesa en ti compartida. Amén.
Ou, máis breve: Ecce panis
de camiñantes proveito;
pan para os fillos é feito,
que non para darlle aos cans.
En símbolos persignado:
con Isaac inmolado,
año pascual ofrendado,
para os devanceiros maná.
Bo pastor, pan sobranceiro,
pan para o pobo esmoleiro,
mantennos e sé o guieiro
que nos conduza certeiro
ata as fontelas da vida.
Ti, Señor de canto hai,
que termas de nós, mortais,
fainos os teus comensais
coas multitudes triunfais
na mesa en ti compartida. Amén.
ALELUIA Xn 6, 51
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Eu son o pan vivo, que descendín do ceo, di o Señor;
quen coma deste pan, vivirá eternamente.
Aleluia.
Evanxeo Lc 9, 11b-17
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Comeron e saciáronse todos
Naquel tempo,
faláballe Xesús á xente do Reino de Deus e curaba a cantos o necesitaban. E
como empezaba a caer o día, achegáronse os Doce e dixéronlle:
‑ Despide a xente,
para que vaian ás vilas e aldeas próximas en procura de sitio para se hospedaren
e para que poidan tamén comprar algo que levar á boca, porque aquí estamos nun
descampado.
Pero el replicoulles:
‑ Dádelles vós de
comer.
Eles contestaron:
‑ Pero se non temos
máis ca cinco bolos de pan e mais dous peixes! A non ser que vaiamos nós mercar
mantenza para toda esta xente.
Eran uns cinco mil
homes. Mais el díxolles aos seus discípulos:
‑ Colocádeos en grupos
de cincuenta.
Dixéronllelo, e
sentaron todos. El, colleu os cinco bolos e mais os dous peixes, ergueu a vista
ao ceo, bendiciunos, partiunos e déullelos aos discípulos, para que llelos
servisen á xente. Comeron todos a fartar, e coas sobras encheron aínda doce
cestas.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
(CAMPAÑA
DE CÁRITAS)
ENTRADA:
Unha xuntanza de amor
LECTURAS:
Benaventurados
OFERTORIO:
O amor é o meirande
COMUÑÓN:
Pan do ceo
Comentarios
Publicar un comentario