PARA O DÍA DA NAI
CON AGARIMO PARA TÓDALAS NAIS
E PARA FACER NA CASA OU NA CATEQUESE ATOPEI ISTO:
debuxos,...
manualidades,...
... receitas fáciles...
TRUFAS
INGREDIENTES:
1 tableta chocolate
55% cacao
250 ml de nata, 3 xemas, cacao en pó
Elixe o chocolate que vas
utilizar. Trocea o chocolate e quéntao ao baño maría a lume lento sen deixar de
remover coas varillas ata que nos dea como resultado unha crema totalmente
homoxénea.
Pon a ferver a nata nun cazo, e
cando estea quente mestúraa co chocolate ata que ambos os ingredientes queden
totalmente integrados. Unha vez listo, engade as 3 xemas de ovo xa batidas á
mestura, e move coas varillas para que a crema sexa suave e os ingredientes
estean totalmente unidos.
Deixa a masa repousar na neveira
unhas 4 horas, para que sexa moito máis sinxelo darlles forma. Unha vez pasado
este tempo, axúdache dunha culler para facer a forma de cada unha das trufas.
Como decoración podes pasalas por
cacao en po, ou por fideos de chocolate, chocolate rallado, froitos secos
triturados, ou labras de azucre de cores.
Personalízaas como queiras e
regálallas a mamá (poñer un pao e un lazo, envolvelas en celofán, …). Seguro
que lle encantarán.
Como consello, deixa as trufas no
conxelador ata que as comas para que así queden moito máis ricas.
GALLETAS
Ingredientes:
140 gr. de fariña, 125 gr. de manteiga
80 gr. de azucre e un pouco de vainilla en po
A engadir (optatitvo): 50 gr. de
noces, anaquiños de chocolate,…
Elaboración da receita:
Primeiro tedes que engadir nun
bol o azucre e a manteiga derretida e mesturades todo ben con axuda dunhas
varillas. Despois engadides un chisco de vainilla en po e a fariña aos poucos,
removendo ao mesmo tempo coas varillas para mesturar ben todos os ingredientes.
Logo tedes que deixar repousar a
mestura uns 30 minutos no frigorífico para que colla consistencia e non rompa a
masa ao formar as galletas.
Pasado ese tempo estendedes a
masa cun rodete na encimera, pondo un pouquiño de fariña para que non se pegue
a masa. Podes engadir as noces ou o chocolate tamén.
Logo cortades as galletas coa
forma que máis vos guste. Podedes utilizar curta-pastas ou un vaso se queredes
que teñan forma redonda.Por último colócanse as galletas nunha bandexa de forno
con papel vexetal e se hornean durante 10 minutos a 180 º.
Se queredes, podedes espolvorear
azucre glas por encima para decorar as galletas se non engadides nada máis.
Espero que vos gusten.
Envolver nun lazo, en
celofán ou gardar nunha caixiña:
...ata para os maiores!, enviádelle unha foto divertida:
E, sobre todo, para as mamás máis especiais...
ADAPTADO DE:
Recibín este poema enmarcado como agasallo dun amigo
marabilloso. Afectuoume dun modo que non podo explicar. Móstroo no meu
dormitorio e o miro naqueles días menos marabillosos. Espero que llo deas a
alguén que na vosa vida ten o mesmo tipo de loitas.
Para Nais Escollidas
A maioría de mulleres son nais por casualidade, outras por
elección, outras por presións sociais, e un par delas por costume. Este ano,
case 100,000 mulleres serán nais dun neno con necesidades especiais. Nunca se preguntaron como as nais así son
escollidas?
Comentarios
Publicar un comentario