Pregón de Advento
O
SEÑOR VÉN AO NOSO ENCONTRO *
Saúdo do Presidente:
P: No nome do Pai ... Reunidos no nome de Cristo celebramos a súa espera:
a graza do Señor misericordioso estea convosco.
T. E co teu espírito.
P: Na noite agardamos ao Señor: liberémonos de todo o superfluo, ao que nos habituamos, para retomar o camiño cara a El.
Virá visitarnos e reafirmará a súa promesa e elección.
Esteamos vixiantes e imploremos a súa presenza
sobre quen o Señor omnipotente puxo xunto a nós
para celebrar xuntos o día da graza e santidade. P. C. N. S.
Canto: Vén axiña visitarnos
* O mundo morre de frío, a alma perdeu calor, os homes non son irmáns, o mundo non ten amor.
Ven, ven, ...
* Ao mundo fáltalle vida, - ao mundo fáltalle amor:- ao mundo fáltalle o ceo.- espera por Ti, Señor.
Ven, ven, ...
* O Señor vén polo camiño dos homes
A promesa converteuse en presenza e Deus
puxo a súa tenda entre nós.
Lectura: Baruc 4, 32-37
"Malditas as nacións que escravizaron os teus fillos, maldita a cidade que os aceptou. Como se alegrou da túa caída e gozou da túa ruína, chorará a súa propia desolación. Quitaralle a poboación de que se oufana e a súa arrogancia converterase en duelo.
O Eterno enviaralle un lume que arderá moitos días, e habitarana longos anos os demos. Mira cara a levante, Xerusalén, contempla o gozo que Deus che envía. Xa chegan os fillos que despediches reunidos pola palabra do Santo en oriente e occidente; xa chegan alegres e dando gloria a Deus".
- Reflexión en silencio.
- Oración coral.
"Malditas as nacións que escravizaron os teus fillos, maldita a cidade que os aceptou. Como se alegrou da túa caída e gozou da túa ruína, chorará a súa propia desolación. Quitaralle a poboación de que se oufana e a súa arrogancia converterase en duelo.
O Eterno enviaralle un lume que arderá moitos días, e habitarana longos anos os demos. Mira cara a levante, Xerusalén, contempla o gozo que Deus che envía. Xa chegan os fillos que despediches reunidos pola palabra do Santo en oriente e occidente; xa chegan alegres e dando gloria a Deus".
- Reflexión en silencio.
- Oración coral.
No deambular diurno do home
Ti faste o encontradizo, Señor,
como única estrela - guía do camiño,
como imprevisto que fai cambiar de rumbo.
Ven enlodar os proxectos do rico
que ten cheos os seus celeiros;
ven compartir a sorte de Lázaro.
Ti faste o encontradizo, Señor,
como única estrela - guía do camiño,
como imprevisto que fai cambiar de rumbo.
Ven enlodar os proxectos do rico
que ten cheos os seus celeiros;
ven compartir a sorte de Lázaro.
que
se nutre de migallas e desprezos.
Ven dirixir a túa palabra a Zaqueo
Que observa o teu paso desde a figueira,
e facerte invitar a cear na súa casa.
Ven ao pozo solitario
e sacia con auga de vida eterna a Samaritana.
Ven e chama a Pablo no
camiño de Damasco
para facelo apóstolo das xentes;
Ven falar a Simón, fillo de Xoán,
para facelo piedade, pastor, pescador de homes.
para facelo apóstolo das xentes;
Ven falar a Simón, fillo de Xoán,
para facelo piedade, pastor, pescador de homes.
*Vén nos signos insignificantes
Non busquemos grandes cousas con soños de grandeza e de poder. O Señor non está na
fachenda do dominante, senón que dirixe a súa mirada cara ao pobre e o humilde. O Señor
nútrenos cun pan de vida eterna.
Lectura: Mt 26, 26-27.
"Durante a cea, Xesús colleu pan, pronunciou a bendición, partiuno e deuno aos
discípulos dicindo: Tomade e comede: isto é o meu corpo. E collendo unha copa
pronunciou a acción de grazas e déullela dicindo: bebede todos".
- Reflexión en silencio
- Oración coral
Ti amas con predilección o escondido,
elixes o que está a disposición de todos;
non feito con orgullo dos homes,
senón co amor do Creador.
"Durante a cea, Xesús colleu pan, pronunciou a bendición, partiuno e deuno aos
discípulos dicindo: Tomade e comede: isto é o meu corpo. E collendo unha copa
pronunciou a acción de grazas e déullela dicindo: bebede todos".
- Reflexión en silencio
- Oración coral
Ti amas con predilección o escondido,
elixes o que está a disposición de todos;
non feito con orgullo dos homes,
senón co amor do Creador.
Vés como pan,
presentado en mesa humilde:
é torado polos irmáns,
como alimento de vida eterna.
presentado en mesa humilde:
é torado polos irmáns,
como alimento de vida eterna.
Vés como viño xeneroso
enchendo un só cáliz:
enches a alianza e provocas a alegría da festa.
ORACIÓN
P.- Pedímosche, Señor: fainos signos da túa espera, profetas da túa vinda e
testemuñas da túa presenza. Que se dilate a nosa oración confinada neste día:
Non che pedimos só por nós, senón pola Igrexa enteira: que sexa luz
resplandecente nas tebras. Pedímosche polos mozos e adultos que nos
confiaches: que saiban vivir na esperanza. Pedímosche polas nosas
familias relixiosas: que sexan "un resto cualificado" digno de hospedar a Deus.
Invoquemos a
misericordia do Señor e pidamos a súa presenza entre nós:
R.- Ven, Señor Xesús!
R.- Ven, Señor Xesús!
P. Cando nos atopamos en pecado:
R.- Ven, Señor Xesús!
R.- Ven, Señor Xesús!
- Cando o noso espírito se turba ante a dúbida: R.
- Cando a nosa existencia camiña na indiferenza: R.
- Cando a monotonía mina a nosa consagración: R.
- Cando pactamos cos nosos hábitos desviados: R.
- Cando nos esquecemos dos nosos irmáns: R.
- Cando non te anunciamos coa vida: R.
- Cando esquecemos escoitarte: R.
- Cando buscamos só o noso interese particular: R.
- Cando na oración pechamos os nosos oídos: R.
- Cando esquecemos preparar os teus camiños: R.
- Cando non damos ao amor o rostro do perdón: R.
- Ven espertarme o corazón adormentado ante tanto irmán que sofre: R.
- Ven renovarme a capacidade de traballar para ser un agasallo para os outros: R.
- Ven pintar un sorriso na miña alma e ser a túa presenza en cada recuncho. R.
- Ven revitalizar o meu ánimo; a sacarme das rutinas que me quitan vida. R
ORACIÓN: Acolle, Señor, a nosa oración: mantennos vixiantes
na
espera e asiduos na oración, para que todas as nosas obras se vexan
iluminadas pola luz do teu amor. P. X. N. S ... R.- Amén
espera e asiduos na oración, para que todas as nosas obras se vexan
iluminadas pola luz do teu amor. P. X. N. S ... R.- Amén
Anúnciovos que comeza Advento. Alzade a vista.
Refregade os ollos, esculcade o horizonte,
dádevos conta do momento.
Empezamos o Advento,
e unha vez máis renace a esperanza no horizonte.
Ao fondo, clareando xa, o Nadal.
Refregade os ollos, esculcade o horizonte,
dádevos conta do momento.
Empezamos o Advento,
e unha vez máis renace a esperanza no horizonte.
Ao fondo, clareando xa, o Nadal.
É advento esa pícara esperanza
que todos levamos, sen saber como, nas entrañas;
unha chama tremente, imposible de apagar,
que atravesa o espesor dos tempos;
un camiño de solidariedade ben percorrido; a alegría contida en cada traxecto; unhas pegadas que non enganan;
unha xestación chea de vida; anuncio contido de boa nova;
unha tenrura que se desborda ...
Estade alerta e escoitade.
Cheo de esperanza grita Isaías "Camiñemos á luz do Señor",
Con esperanza pregoa Xoán Bautista: "Convertédevos, porque chega o reino de Deus".
Coa esperanza de todos os pobres de Israel, de todos os pobres do pobo,
rumorea María a súa palabra de acollida: "Fágase en min segundo a túa palabra",
Alegrádevos. Saltade de xúbilo. Poñédevos o voso mellor traxe. Perfumádevos. Que se note!
Vén Deus. Avivade a alegría, a paz e a esperanza. Preparade o camiño.
Xa chega o noso Salvador: Vén Deus ... E está á porta.
Espertade á vida!
Florentino Ulibarri
Comentarios
Publicar un comentario