15 nov. 2015

Cunha única ofrenda deixou para sempre perfectos os que el santifica - Heb 10, 11-14. 18

Domingo 33 do Tpo. Ordinario - ciclo B


AS SOMBRAS ESCURAS FOXEN

As sombras escuras foxen,
xa vai pasando a noite;
e o sol coa súa luz de lume,
disipa os nosos temores.
Xa se apagan as estrelas
e xa se acenderon soles;
o orballo cae dos ceos
no dondo cáliz das flores.

As criaturas van vestindo
as galas e as súas cores,
porque ao nacer novo día
avivan os seus amores.

Luceiro, Cristo, da alba,
que paces entre esplendores,
apacenta as nosas vidas
xa sen sombras e sen noites!

Fermoso Cristo, o Cordeiro,
entre outeiros e montes! Amén.

                                   Himno de Laudes



No hay comentarios:

Publicar un comentario