Domingo 1 de Advento - ciclo C
DOMINGO I DE ADVENTO -
CICLO C
Primeira Lectura Xer 33, 14-16
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA XEREMÍAS
Farei abrollar na
casa de David un xermolo de xustiza
Velaquí
os días -é o Señor quen fala-
nos que cumprirei a
promesa
que lles fixen á
casa de Israel e á casa de Xudá.
Nos
días aqueles e no intre aquel
farei abrollar de
David un xermolo lexítimo,
que practicará o
dereito e a xustiza no país.
Nos
días aqueles salvarase Xudá,
e Xerusalén
descansará na seguridade,
e este lugar
chamarase: "Señor, nosa xustiza!".
Palabra do
Señor R/
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal
24, 4bc-5ab. 8-9. 10 e 14
R/. (1b): A Ti,
Señor, elevo a miña alma.
Amósame, Señor, os
teus camiños,
ensíname os teus
sendeiros,
diríxeme na túa
verdade, apréndeme,
que ti es o meu
Deus salvador.
O Señor é bo e
recto:
por iso lles ensina
o camiño aos pecadores;
El dirixe na
xustiza os humildes,
e amósalles o seu
camiño aos pobres.
Os camiños do Señor
son todos misericordia e lealdade,
para os que gardan
a súa alianza e os seus preceptos.
É grande a
confianza do Señor cos que o temen,
e maniféstalles a
súa alianza.
Segunda Lectura 1 Tes 3, 12 - 4, 2
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO S.PAULO AOS TESALONICENSES
Que o Señor afinque
os vosos corazóns cando veña o Cristo
Irmáns:
Que
o Señor vos faga medrar no amor duns cos outros e con todos, ata rebordar, como
nos pasa a nós respecto de vós. Que El afinque os vosos corazóns nunha
santidade sen falla diante de Deus, noso Pai, cando veña o noso Señor Xesús con
todos os seus santos.
Polo
demais, irmáns, pedímosvos con insistencia como cristiáns que, xa que
aprendestes de nós como cómpre andar para contentar o Señor, que sigades así e
que progresedes aínda máis.
Porque
ben sabedes que instruccións vos temos dado de parte do Señor Xesús.
Palabra do
Señor R/
Grazas a Deus
ALELUIA Sal 84, 8
Se non se canta,
pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Amósanos, Señor, a
túa misericordia,
e dános a túa
salvación.
Aleluia.
Evanxeo Lc 21, 25-28. 34-36
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Está a chegar xa a
vosa salvación
Naquel
tempo, díxoles Xesús aos seus discípulos:
-
Haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas; e na terra as nacións tremerán coa
angustia diante do bruar do mar e das ondas; os homes morrerán cheos de medo e
de desacougo, polo que virá enriba do mundo, pois mesmo os astros abalarán.
Entón verán o Fillo do Home vir sobre unha nube con grande poder e gloria.
Pero
cando empece a suceder todo isto, poñédevos de pé e erguede ben a cabeza,
porque chega o día da vosa liberación.
Tende
conta de vós mesmos; non sexa que vos atordoedes na borracheira, na libertinaxe
e nas preocupacións da vida, e de súpeto caia sobre vós aquel día; porque caerá
como un lazo sobre todos os que habitan a terra. Vós vixiade sempre, e pregade
para que poidades escapar de todo o que está por vir, e comparecer así seguros
diante do Fillo do Home.
Palabra
do Señor
R/. Loámoste, Cristo
UNHA IGREXA CHAMADA A SER LUZ DAS
XENTES E PORO DE DEUS
XENTES E PORO DE DEUS
PÓRTICO
Xa estamos outra vez no tempo de Advento, o que nos
indica que comezamos a preparación para recibir ao
Señor que chega ao corazón de cada un e
cada unha de nós. Catro semanas nas que somos chamados a
poñemos en camiño, a romper dunha vez por todas a
inercia de pensar que a vida non é máis ca unha sucesión de minutos que se converten err horas, días
e anos; catro semanas para ir crecendo por
dentro e preparando en nós o berce no que acoller ao
neno.
Neste Ano
da Misericordia, o Papa Francisco invítanos ao perdón e á solidariedade cos
nosos irmáns máis pobres.
Neste
primeiro domingo falaremos da Constitución - o documento - que tratou sobre
a Igrexa, que se chama "Lumen gentium" - Luz das xentes
- e que puxo como elemento principal da Igrexa o ser pobo en
camiño; sen distincións nin xerarquías, Impulsados
por esta invitación, comecemos lego a celebración de hoxe.
O PERDÓN
Por non sentimos comunidade e desaproveitar as
ocasións de celebrar xuntos a fe,
SEÑOR QUE SEXAMOS LUZ E POBO.
Por non esforzamos en renovar
os contidos e as vivencias da fe,
CRISTO, QUE
SEXAMOS LUZ E POBO.
Por deixar que a fe se converta en algo
utilitarista á que recorremos cando nos interesa,
SEÑOR, QUE SEXAMOS
LUZ E POBO.
REMUÍÑO
Escribe Paulo na carta aos tesalonicenses que necesitamos sentir a fortaleza do Señor no interior de cada un
de nós. Unha fortaleza que reforce o noso querer ser
testemuñas dunha mensaxe liberadora no medio dun mundo
cheo de escravitude, ansia de poder e de dominio dos demais, especialmente dos
máis pequenos e necesitados. Paulo faille estas reflexións a aqueles cristiáns da primeira hora
para que a súa vida estivera asentada non sobre comportamentos externos, senón sobre o fundamento, a raíz, o
cimento da fe: Xesucristo. Con, por Ele nel, como
dicimos ao remate da pregaria eucarística, nós imos facendo da nosa vida compromiso e ofrenda de fidelidade á súa persoa e á súa mensaxe; un compromiso que debe ser experiencia de crecemento interior que nos leve a sentírmonos non coma illas abandonadas no medio dun océano, senón como
grans de area que coa achega de todos conseguen ir facendo verdadeiras
montañas asentadas na solidariedade, na alegría compartida e na esperanza vivida e ofrecida aos
demais.
Esa mesma fortaleza á que
se refería Paulo, pasados moitos anos, foi tamén a que nos invitaba
a construír o Concilio Vaticano TI hai
cincuenta anos, poñendo ao noso dispor o documento que nos
fala de que todos, non só o Papa, os bispos, os curas ou as monxas e os frades, somos e formamos a Igrexa, E que esta non podería ser verdadeiro testemuño de Xesús e da súa
mensaxe no medio do mundo se non se considerase pobo. Pero non un
pobo calquera, senón un pobo en camiño, no que
vai atopando a outras persoas polas que se preocupa, ás que atende e alenta, e tamén das que aprende e coas
que vai colaborando en facer do mundo a casa de todos. E para poñemos nesta xeira, o Concilio
aprobou un documento que se chama "Luz das
xentes" - Lumen gentium -, querendo
referirse con esta expresión á tarefa que nos incumbe a cantos nos chamamos e sentimos cristiáns hoxe en día. A Igrexa, se quere
ser fiel a Xesús, non pode enredarse en ritos ou dogmas que ninguén entende e que están moi lonxe do que
son as verdadeiras preocupacións das
persoas no momento actual. Por iso fai un
chamada invitando a todos a ser luz para as xentes; luz alí onde nos atopemos; luz cando traballamos, luz cando imos
creando familias, luz cando queremos dedicar parte do noso tempo libre a unha causa
solidaria, luz coas nosas actitudes e formas de
actuar. Só se somos luz, dísenos, como Paulo tamén He dicía a os
membros das primeiras comunidades, estaremos respondendo ao envío que
nos apóstolos nos fai Xesús tamén a nós:
ide e anunciade.
E este anuncio ternos que facelo cada un desde a tarefa que desenvolvamos na sociedade, sen que ninguén se crea
nin se pense ou sinta máis importante ou superior aos
demais. De aí que a L. G. insiste en que ao ser Pobo de Deus, a conciencia de ser Igrexa e de participar nela
correspóndenos a todos; cadaquén desde a súa responsabilidade: o papa como papa, os bispos como bispos, os
curas como curas, as relixiosas/os como relixiosas/os e os
segrares como segrares. E todos no medio do mundo, entre ecos demais, sen que
ninguén se considere ou se crea nin máis importante nin mellor. E isto, que parece estar claro nos papeis, moitas
veces non ten sido así, polo que é moi importante volver a ler a L. G.
e recordamos a todos cal é o noso traballo coma Igrexa, un traballo que non
exclúe, senón que, aceptando a pluralidade duns e doutros, busca o mesmo
camiño: facer da Igrexa sacramento -presenza viva de
encontro con Xesús- universal de salvación. Xesús, que vén e
que o tempo de Advento nos axuda a preparamos para recibilo, El mesmo, estanos
chamando a participar nesta Igrexa pobo de Deus.
Evanxeo que acabamos de
escoitar quere ser a chamada que nos corresponde a
cantos formamos parte da Igrexa a non deixarnos levar pola rutina, o sometemento ou a minoría de idade
eclesial, senón que nos urxe a vivir a nosa pertenza á Igrexa de xeito
liberador e gozoso; non deixando que o medo e
a intolerancia aniñen nela. Deste xeito entenderemos
cando Lucas di que está a chegar, que xa
está a nosa porta a verdadeira liberación: Xesús de
Nazaret. Nel, como nos di tamén o concilio está o
gran misterio de amor que somos invitados a construír
desde o noso ser Igrexa.
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Ao comezar
este tempo de Advento, no que nos preparamos para
acoller ao teu Fillo nos nosos
corazóns, compartimos a oración sentíndonos membros desa Igrexa á que lle pides que sexa luz no medio das xentes,e dicimos xuntos:
corazóns, compartimos a oración sentíndonos membros desa Igrexa á que lle pides que sexa luz no medio das xentes,e dicimos xuntos:
QUE SEXAMOS LUZ SOLIDARIA PARA OS IRMÁNS
Para que a Igrexa, Pobo de Deus do
século XXI, se esforce por ter a súa porta sempre aberta
para que entren nela os excluídos da sociedade,
que os vai deixando nas beiras cando xa non lle serven,
e responda así á chamada que Deus nos fai a
través do Concilio Vaticano II, de ser sempre luz que abra camiños de encontro, axuda e
colaboración, OREMOS.
QUE SEXAMOS LUZ
SOLIDARIA PARAOS IRMÁNS
Para que nas nosas
parroquias non nos deixemos levar da rutina, os costumes e as tradicións, e nos esforcemos por formamos e renovar os nosos coñecementos sobre canto
nos supón e esixa ser
cristiáns no mundo de hoxe; sen deixarnos levar das modas nin
apartamos da invitación de Xesús de ser luz para os veciños, OREMOS.
QUE SEXAMOS LUZ SOLIDARIA PARA OS IRMÁNS
Para que nós,
tomando en serio que ternos que renovamos para dar testemuño
da fe que recibimos no bautismo, aproveitemos todas as oportunidades
para coñecer máis e mellor que é ser e vivir como cristiáns, evitando falar de memoria e sen coñecemento da mensaxe de Xesús, e así este tempo de Advento nos descubra a necesidade de formamos e poder ser luz para os
enfermos, solidariedade cos parados, apoio e loita cos desafiuzados e pan para
quen necesita alimento, OREMOS.
QUE SEXAMOS LUZ
SOLIDARIA PARA OS IRMÁNS
Señor, ao comezar o Advento
queremos tamén nós poñemos en camiño de renovación e cambio para que deixemos atrás o conformismo
e nos esforcemos porque a esperanza gañe a carreira fronte ao derrotismo. P.XN.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Non creo nin espero:
No Meu Deus, senón no Noso
Deus.
Nas fachendas nin nos escaparates, senón nos corazóns que aman de verdade.
Nos xestos triunfalistas, senón nos actos de servizo.
Nos profetas de desventuras, senón nos da esperanza.
Nas ameazas dos fundamentalistas, senón no esforzo dos educadores.
Na fin do mundo, senón na fin deste mundo inxusto e corrupto.
No calquera tempo pasado foi mellor, senón que foi distinto, e tamén mellorable.
No traballo individualista,
senón na cooperación do equipo.
Nos movementos de divisións que separan,
senón na comuñón que une e
busca o ben común.
Na espiritualidade de consumo, medo e imposición;
senón na de
porta aberta que invita a pasar.
Nas palabras de políticos, banqueiros ou os chamados
representantes do sagrado, senón nas de Xesucristo,
que pasou facendo o
ben e nos invitou a facer o mesmo.
(Sobre unha idea do
caderno de Cáritas, Advento e Nadal)
CANTOS
ENTRADA:
OFERTORIO:
LECTURAS:
COMUÑÓN:
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario