A viúva fixo un pequeno pan coa pouca fariña que tiña e deullo a Elías - 1 Re 17, 10-16

Domingo 32 do Tpo. Ordinario - ciclo B


O TESOURO 
DOS POBRES

Non é ouro todo aquilo
que aos nosos ollos reloce;
debaixo de brillos de ouro
agáchase moito podre.
Debaixo de grandes traxes
existen pequenos homes:
que non te engane a presenza,
nin as falas te engaiolen.

Aprende a ollar a fondo:
que nos frascos miudiños
están as boas esencias,
e en vidas que nada campan
atópase moita ciencia;
e, se non, mira para nós,
mira para a xente labrega:
cantas riquezas preciosas
na súa humilde presenza! 
O traballo, a acollida,
gratuidade a man cheas,
o noso humor retranqueiro
a forza da resistencia ...

Que non che rouben os ricos
-afeitos a tanto roubo-
a conciencia de levares
un importante tesouro.

O rico darache sempre
daquilo do que lle sobra:
cousas sen corazón;
o pobre, posto que é pobre,
en cada cousa que doa
algo de vida pon.



Comentarios

Publicacións populares