Aceptounos como sacrificio de holocausto - Sab 3, 1-6

Domingo 31 do Tpo. Ordinario - ciclo B
Defuntos


ORACIÓN DE DEFUNTOS

Non chores se me amas... 
Se coñeceses o don de Deus e o que é o ceo... 
Se puideses ouvir o cántico dos anxos e verme no medio deles... 
Se por un instante puideses contemplar, 
coma min, a beleza ante a cal as belezas palidecen... 

Creme. 
Cando chegue o día que Deus fixou e coñece, 
e a túa alma veña a este ceo no que che precedeu a miña... 
Ese día volverás verme... 
Sentirás que te sigo amando, que te amei 
e atoparás o meu corazón 
con todas as súas tenruras purificadas. 
Volverás verme en transfiguración, en éxtase, feliz... 
Xa non esperando a morte, senón avanzando contigo, 
que te levarei da man polos carreiros novos de luz e de vida. 

Enxuga o teu pranto e non chores se me Amas.

San Agustín

Comentarios

Publicacións populares