29 nov. 2015

Farei abrollar na casa de David un xermolo de xustiza - Xer 33, 14-16

Domingo 1 de Advento - ciclo C


PREGARIA: 
POLA ESPERANZA!

Felices os que soñan co teu Reino
 de paz e de xustiza universais,
e o constrúen fielmente a cada hora
co esforzo do pequeno, pouco a pouco!

Felices os que rezan e traballan
fiados na bondade que lles nace
do fondo máis fondo de si mesmos
onde Deus se nos dá vivo e activo!

Felices os que non sementan medos
nas vidas medorentas dos que sofren
a angustia polo pan de cada día,
a ausencia de paz serena e xusta!

Felices os que levan esperanza
na palabra, no corazón, nas mans,
e sosteñen o ánimo apoucado
dos que entregan a vida ao desespero!



No hay comentarios:

Publicar un comentario