22 nov. 2015

O soberano dos reis da terra constituíunos en reino, sacerdotes para o noso Deus - Ap 1, 5-8

Domingo 34 ciclo B - Cristo, Rei do Universo


ESFÓRZOME E TI DISME: 
PERDOA!

Esfórzome e Ti disme: perdoa!
Teño medo e disme: ánimo!
Dubido e Ti disme: confía!
Síntome agoniado e Ti disme: tranquilo!
Prefiro estar só e Ti disme: vén e sígueme!
Teño plans e Ti disme: déixaos!

Busco bens materiais e Ti disme: despréndete!
Quero vivir e Ti disme: dá a túa vida!
Quero ser bo e Ti disme: non chega!
Quero mandar e Ti disme: obedece!
Quero ser xefe e ti disme: serve!

Quero comprender e Ti disme: cre!
Quero claridade e Ti fálasme en parábolas.
Quero poesía e Ti fálasme de realidades.
Quero tranquilidade e Ti queres que estea inquieto.
Quero violencia e Ti fálasme de paz.

Saco a espada e Ti disme: gárdaa!
Penso en vinganza e Ti disme: pon a outra meixela!
Falo de paz e disme: vin traer a espada!
Intento ser conciliador e disme: vin traer lume á terra!
Quero agocharme e Ti disme: mostra a túa luz!

Busco o primeiro posto e Ti disme: senta no último lugar!
Quero que me vexan e Ti disme: reza no escondido!
Non, non te entendemos, Xesús.
Provocas. Confundes ....
Pero só traballando no teu Reino atopamos o acougo. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario