Eu vin: velaí unha amplísima multitude, que ninguén podía contar - Ap 7, 2-4. 9-14

Festividade de Todolos Santos B


ORACIÓN PARA O DÍA 
DE TÓDOLOS SANTOS


É POSIBLE, SEÑOR

Ser homes e mulleres deste tempo e, ademais,
mirar cara ao ceo sabendo que outra cidade nos agarda.
Pensar nesoutra realidade da que, aínda sabendo pouco,
podemos adiantala aquí e agora nesta terra que nos rodea.

SI! É POSIBLE, SEÑOR!

Sementar o camiño que percorremos co arado da fe
e, desde a verdade en Ti, derramar ilusión onde existe apatía
ou esperanza onde por insistencia asoma o pesimismo.
Que a santidade, entre outras cousas, é cambiar o mundo de cor
e ofrecer a posibilidade que ti, como Deus, lle ofreces.

SI! É POSIBLE, SEÑOR!

Aspirar ao alto sen esquecerse da pequenez de cada día
e, vivir o cotián, sen necesidade de pasar por alto o divino
Que a santidade, ademais, é ser consciente de que Ti nos acompañas
e que, cando nos deixamos por Ti levar
somos capaces de iniciar e finalizar  grandes obras.

SI! É POSIBLE, SEÑOR!

Tallar no recio mármore dun mundo hedonista e  caprichoso
figuras que, desde a súa fe, humanidade, oración ou humildade
nos lembren que é posible ser diferente sen ser necio,
ser grande sendo pequeno, ser forte aínda aparentando ser débil,
ser da terra sen eclipsar o que nos espera no eterno.

SE! É POSIBLE, SEÑOR!

Dar a todo iso un nome e, ese nome, é o "ser santo".
Un santo que ten como boa madeira o evanxeo,
como ouro a caridade e como ledicia o facer felices aos demais,
como grandeza a súa pobreza e como orgullo o seu servizo.

SI! É POSIBLE, SEÑOR!

Ser santo aínda a risco de aparentar non ser nada
e de non ser nada por pretender querelo ser todo,
de ser débil por empeñarnos en ser invencibles
e de ser invencibles por presentarnos como débiles e humildes.

SI! É POSIBLE, SEÑOR!

Coa túa man, e da túa man, alcanzar cos nosos dedos
a bóveda de tantos irmáns nosos que, por ser diferentes,
hoxe gozan do teu abrazo e do teu recoñecemento.
Eles, os Santos de todos os tempos,
convídannos e lémbrannos, estimúlannos e inxéctannos
un "é posible" ante o que no mundo parece unha utopía:

SER DE DEUS E COMO DEUS MANDA
ISO É SER SANTO!

Javier Leoz

Comentarios

Publicacións populares