Veremos a Deus tal como é - 1 Xn 3, 1-3

Festividade de Todolos Santos B


ORACIÓN PARA SER SANTO

Señor, meu Deus, axúdame a ser santo.

Santo sen premio,
santo para non ofenderte, 
santo para servir mellor aos demais.

Señor, no día de hoxe,
que lembramos e celebramos a memoria de todos os Santos,
axúdame a achegarme máis a Ti.
A eles rógolles que pidan ao Espírito,
me conceda os dons necesarios para ser mellor.
Non porque eu mereza algo, 
senón para que o meu encomio chegue a Ti, máis pleno.
Señor, perdóame:
Polas miñas faltas e pecados, 
por todo o que podía facer e non fixen,
por todo o que podía servir e non servín,
por todo o que desaproveitei.

Dáme a túa Bendición para que o resto da miña vida,
sexa Fiel a Ti e Caritativo, 
Luz túa e Servidor de Todos,
segundo Ti me pidas en cada momento.
Grazas Señor pola túa Misericordia comigo.
Amén

Comentarios

Publicacións populares