O seu poder é eterno - Dn 7, 13-14

Domingo 34 ciclo B - Cristo, Rei do Universo


SEMPRE A VERDADE

En cada xesto escondido,
en cada feito aplaudido,
a verdade sempre.

En cada falar cantado,
en cada silencio obrigado,
a verdade sempre.

Nas noites de escuras tebras, 
nos días de luz sen nebras,
a verdade sempre.

Cando hai rosas nos camiños ou, 
no seu canto, hai espiños,
a verdade sempre.

A xeito de manto, por fóra,
e no cerne da alma toda,
a verdade sempre.

En cada recanto do corpo,
en cada pracer e en cada loito,
a verdade sempre.

A verdade para o rico
que o libere do seu vicio,
a verdade sempre.

A verdade para o pobre,
que da pobreza o recobre,
a verdade sempre.

Para esta terra galega,
onde a mentira non escasea,
a verdade sempre,
sempre a verdade. 



Comentarios

Publicacións populares