San Paio - 26 de xuño

Este ano, pensando en San Paio, decateime do pouco que sabemos da súa influencia en Galicia, así que podiamos aproveitar este día para visitar e descubrir as parroquias que teñamos máis preto con esta advocación. 

Atoparedes lugares francamente preciosos e descoñecidos, auténticos tesouros escondidos. Persoalmente, quedei abraiada coa beleza do mosteiro de S.Paio de Abeleda (unha auténtica mágoa polo abandono pero cun encanto que chega ao fondo), ou o de Narla en Friol, o xa coñecido e famoso S.Paio de Antealtares en Santiago, ou a de Diomondi no Saviñao... aproveitade para sacarlle unhas fotos ao voso patrón e compartilo polo twitter, a ocasión ben o merece. 

Parabéns a tódalas parroquias que hoxe están de festa e á nosa diocese de Tui-Vigo que hoxe celebra tamén o seu día...




Segundo a Wikipedia, estas son as parroquias galegas que teñen como patrón ó noso santo:

San Paio pode referirse a:
topónimo San Paio pode referirse a:

Comentarios

Publicacións populares