14 jun. 2015

Ora continuemos neste domicilio ora nos afastemos del, arelamos agradarlle ao Señor-2 Cor 5, 6-10

Domingo 11 Tpo. Ordinario - ciclo B


SEÑOR, 
CONTÁXIANOS O TEU SILENCIO

Señor contáxianos o teu silencio

Señor, o teu silencio é o meu silencio,
o teu silencio é o meu alento de vida,
o teu silencio enche a miña alma de paz.

Señor contáxianos o teu silencio

Señor, o meu silencio é o eco do teu silencio,
o meu silencio presente a túa silueta silandeira,
o meu silencio saborea a túa presenza…

Señor contáxianos o teu silencio

Señor o teu silencio é presenza luminosa,
o teu silencio é tenrura que namora,
o teu silencio é comuñón amorosa

Señor contáxianos o teu silencio

Señor, o meu silencio ilumínase coa túa presenza,
o meu silencio saborea a túa tenrura infinita,
o meu silencio somérxese na túa presenza amorosa…

Señor contáxianos o teu silencio

Señor, asoláganos da túa presenza silandeira,
abrázanos na túa silandeira tenrura
unifícanos na túa comuñón amorosa…

Fálame, Señor, fálame, en silencio ao corazón.
Fálame, Señor, que o teu servo escoita en silencio,
o murmurio suave e amoroso da túa presenza.

Fálame Señor, en silencio, ao silencio da miña alma
que espera namorada
somerxerse na túa presenza amorosa.

Fálame, Señor, de ti, do teu amor silandeiro
e namorado de min,
que soña con transformarme en ti.

Fálame, Señor, do teu amor silandeiro
que nos namora aos dous
e nos fai un en comuñón de amor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario