Enxalzou a árbore humilde-Ez 17, 22-24

Domingo 11 Tpo. Ordinario - ciclo B


PARA APRENDER A TER CONFANZA

Quixer ter máis fe en ti, meu Deus,
moita máis da que hoxe teño.
Quixer vivir a vida toda
coa conciencia certa de que estás ao meu lado.

Quixer sentirte en min tan insistentemente
que non me quitase a paz nada do que pasa;
nin o que pasa dentro de min mesmo,
nin o que pasa dentro desta sociedade que tanto amo,
porque é a miña sociedade.

Non quero ser alleo ás miñas penalidades,
pero nelas gustaríame ter confianza;
non quero ser alleo a nada do que pasa no mundo,
en todo o que pasa, en todo,
gustaríame abundar en esperanza.

Que medre a miña fe en ti, meu Deus!
Que medre cada día máis!
E despois dun traballo serio e fondo,
que saiba confiar as medras do traballado
nas túas mans coidadoras,
afeitas de vello a termar e a aloumiñar, 
a empuxar e a agradecer.

E que cada noite saiba durmir confiado
sabendo que hai quen vela para que nada bo se perda. 



Comentarios

Publicacións populares