7 jun. 2015

O sangue de Cristo limpará a nosa conciencia - Heb 9, 11-15

Corpus Christi - ciclo B


LEVAMOS A CRISTO EN ANDAS…

Tes a túa banqueta,
e os teus pés descansan
entre os máis pobres,
os máis humildes e perdidos.

Quero inclinarme diante túa,
pero a miña prostración
non chega nunca á sima
onde os teus pés descansan
entre os máis pobres,
os máis humildes e perdidos.

O orgullo non pode achegarse a Ti,
que camiñas coa roupa dos miserables,
entre os máis pobres,
os máis humildes e perdidos.

O meu corazón non sabe atopar o teu vieiro,
o vieiro dos solidarios, por onde Ti vas
entre os máis pobres,
os máis humildes e perdidos.
                       

Rabindranath Tagore





No hay comentarios:

Publicar un comentario