CARTA ENCÍCLICA LAUDATO SI’ DO SANTO PADRE FRANCISCO (introdución)
Como na encíclica anterior,
polo seu tamaño, irei publicando por partes:
SOBRE O COIDADO DA CASA
COMÚN
1. «Laudato si’, mi’ Signore» – «Loado
sexas, o meu Señor», cantaba san Francisco de Asís. Nese fermoso cántico
lembrábanos que a nosa casa común é tamén como unha irmá, coa cal compartimos a
existencia, e como unha nai bela que nos acolle entre os seus brazos: «Loado sexas, o meu Señor, pola irmá a nosa nai terra, a
cal nos sustenta, e goberna e produce diversos froitos con coloridas flores e
herba ». 1
1 Cántico das criaturas: Fonti
Francescane (FF) 263. 1. « 4
2. Esta irmá clama polo
dano que lle provocamos a causa do uso irresponsable e do abuso dos bens que
Deus puxo nela. Crecemos pensando que eramos os seus propietarios e
dominadores, autorizados a expoliarla. A violencia que hai no corazón humano,
ferido o pecado, tamén se manifesta nos síntomas de enfermidade que advertimos
no chan, na auga, no aire e nos seres viventes. Por iso, entre os pobres máis
abandonados e maltratados, está nosa oprimida e devastada terra, que «laia e sofre
dores de parto» (Rm 8,22).
Esquecemos que nós mesmos somos terra (cf. Xn2,7). O noso propio corpo está constituído polos elementos do planeta, o
seu aire é o que nos dá o alento e a súa auga nos vivifica e restaura.
Nada deste mundo nos
resulta indiferente
3. Hai máis de cincuenta
anos, cando o mundo estaba a vacilar ao fío dunha crise nuclear, o santo Papa
Xoán XXIII escribiu unha encíclica na cal non se conformaba con rexeitar unha
guerra, senón que quixo transmitir unha proposta de paz. Dirixiu a súa mensaxe
Pacem in terris a todo o «mundo católico»,
pero agregaba «e a todos os homes de boa vontade».
Agora, fronte á deterioración ambiental global, quero dirixirme a cada persoa
que habita este planeta. Na miña exhortación Evangelii gaudium, escribín aos
membros da Igrexa en orde a mobilizar un proceso de reforma misioneira aínda
pendente. Nesta encíclica, intento especialmente entrar en diálogo con todos
acerca da nosa casa común.
4. Oito anos despois de
Pacem in terris, en 1971, o beato Papa Pablo VI referiuse á problemática
ecolóxica, presentándoa como unha crise, que é «unha consecuencia dramática» da
actividade descontrolada do ser humano: «Debido a
unha explotación inconsiderada da natureza, [o ser humano] corre o risco de destruíla
e de ser á súa vez vítima desta degradación». 2 Tamén falou á FAO sobre a posibilidade dunha «catástrofe ecolóxica baixo o efecto da explosión da
civilización industrial», subliñando a «urxencia
e a necesidade dun cambio radical no comportamento da humanidade»,
porque «os progresos científicos máis
extraordinarios, as proezas técnicas máis sorprendentes, o crecemento económico
máis prodixioso, se non van acompañados por un auténtico progreso social e
moral, vólvense en definitiva contra o home». 3
2 Carta ap. Octogesima adveniens (14 maio
1971), 21: AAS 63 (1971), 416-417. 5
3 Discurso áFAO no seu 25 aniversario
(16 novembro 1970): AAS 62 (1970), 833.
5. San Xoán Paulo II
ocupouse deste tema cun interese cada vez maior. Na súa primeira encí- clica,
advertiu que o ser humano parece «non percibir
outros significados do seu ambiente natural, senón soamente aqueles que serven
aos fins dun uso inmediato e consumo». 4 Sucesivamente chamou a unha conversión ecolóxica global.5 Pero ao mesmo tempo fixo notar que se
pon pouco empeño para «salvagardar as condicións
morais dunha auténtica ecoloxía humana». 6 A destrución do ambiente humano é algo moi serio, porque Deus non
só lle encomendou o mundo ao ser humano, senón que a súa propia vida é un don
que debe ser protexido de diversas formas de degradación. Toda pretensión de
coidar e mellorar o mundo supón cambios profundos en «os
estilos de vida, os modelos de produción e de consumo, as estruturas
consolidadas de poder que rexen hoxe a sociedade». 7 O auténtico desenvolvemento humano posúe un carácter moral e
supón o pleno respecto á persoa humana, pero tamén debe prestar atención ao
mundo natural e «ter en conta a natureza de cada
ser e a súa mutua conexión nun sistema ordenado». 8 Por tanto, a capacidade de transformar a realidade que ten o ser
humano debe desenvolverse sobre a base da doazón orixinaria das cousas por
parte de Deus.9
4 Carta enc. Redemptor hominis (4
marzo 1979), 15: AAS 71 (1979), 287.
5 Cf. Catequese (17 xaneiro 2001), 4:
L’Osservatore Romano, ed. semanal en lengua española (19 xaneiro 2001), p. 12.
6 Carta enc. Centesimus annus (1 maio
1991), 38: AAS 83 (1991), 841. 6 7 Ibíd., 58, p. 863.
8 Xoán Paulo II, Carta enc.
Sollicitudo rei socialis (30 decembro 1987), 34: AAS 80 (1988), 559.
9 Cf. Id., Carta enc. Centesimus annus
(1 maio 1991), 37: AAS 83 (1991), 840.
6. O meu predecesor
Benedito XVI renovou a invitación a « eliminar as
causas estruturais das disfuncións da economía mundial e corrixir os modelos de
crecemento que parecen incapaces de garantir o respecto do medio ambiente
». 10 Lembrou que o mundo non pode
ser analizado só illando un dos seus aspectos, porque « o libro da natureza é un e indivisible », e inclúe o ambiente,
a vida, a sexualidade, a familia, as relacións sociais, etc. Por conseguinte, «a degradación da natureza está estreitamente unida á
cultura que modela a convivencia humana ». 11 O Papa Benedito propúxonos recoñecer que o ambiente natural está
cheo de feridas producidas polo noso comportamento irresponsable. Tamén o
ambiente social ten as súas feridas. Pero todas elas débense no fondo ao mesmo
mal, é dicir, á idea de que non existen verdades indiscutibles que guíen as
nosas vidas, polo cal a liberdade humana non ten límites. Esquécese que « o home non é soamente unha liberdade que el se crea por
si só. O home non se crea a si mesmo. É espírito e vontade, pero tamén natureza
». 12 Con paternal preocupación,
convidounos a tomar conciencia de que a creación se ve prexudicada «onde nós mesmos somos as últimas instancias,
onde o conxunto é simplemente unha propiedade nosa e o consumo é só para nós
mesmos. O malgaste da creación comeza onde non recoñecemos xa ningunha
instancia por encima de nós, senón que só nos vemos a nós mesmos». 13
10 Discurso ao Corpo diplomático acreditado
antela Santa Sé (8 xaneiro 2007): AAS 99 (2007), 73.
11 Carta enc. Caritas in veritate (29 xuño 2009), 51: AAS 101 (2009), 687. 7
12 Discurso ao Deutscher Bundestag,
Berlín (22 setembro 2011): AAS 103 (2011), 664.
13 Discurso ao clero da Diocese de
Bolzano-Bressanone (6 agosto 2008): AAS 100 (2008), 634. 8
Unidos por unha mesma preocupación
7. Estas achegas dos Papas
recollen a reflexión de innumerables científicos, filósofos, teólogos e
organizacións sociais que enriqueceron o pensamento da Igrexa sobre estas
cuestións. Pero non podemos ignorar que, tamén fóra da Igrexa católica, outras
Igrexas e Comunidades cristiás -como tamén outras relixións- desenvolveron unha
ampla preocupación e unha valiosa reflexión sobre estes temas que nos preocupan
a todos. Para pór só un exemplo destacable, quero recoller brevemente parte da
achega do querido Patriarca Ecuménico Bartolomeu, co que compartimos a
esperanza da comuñón eclesial plena.
8. O Patriarca Bartolomeu
referiuse particularmente á necesidade de que cada un se arrepinta das súas
propias maneiras de danar o planeta, porque, « na medida en que todos xeramos
pequenos danos ecolóxicos», estamos chamados a recoñecer «a nosa contribución -
pequena ou grande - á desfiguración e destrución da creación». 14 Sobre este punto el expresouse
repetidamente dunha maneira firme e estimulante, convidándonos a recoñecer os
pecados contra a creación: «Que os seres humanos
destrúan a diversidade biolóxica na creación divina; que os seres humanos
degraden a integridade da terra e contribúan ao cambio climático, espindo a
terra dos seus bosques naturais ou destruíndo as súas zonas húmidas; que os
seres humanos contaminen as augas, o chan, o aire. Todos estes son pecados».
15 Porque « un crime contra a
natureza é un crime contra nós mesmos e un pecado contra Deus». 16
14 Mensaxe parao día de oración pola
protección da creación (1 setembro 2012).
15 Discurso en
Santa Bárbara, California (8 novembro 1997); cf. John Chryssavgis, On Earth as
in Heaven: Ecological Vision and Initiatives of Ecumenical Patriarch
Bartholomew, Bronx, New York 2012.
16 Ibíd. 9
9. Ao mesmo tempo,
Bartolomeu chamou a atención sobre as raíces éticas e espirituais dos problemas
ambientais, que nos convidan a atopar solucións non só na técnica senón nun
cambio do ser humano, porque doutro xeito afrontariamos só os síntomas.
Propúxonos pasar do consumo ao sacrificio, da avidez á xenerosidade, do
desperdicio á capacidade de compartir, nunha ascesis que «significa aprender a dar, e non simplemente renunciar. É
un modo de amar, de pasar aos poucos do que eu quero ao que necesita o mundo de
Deus. É liberación do medo, da avidez, da dependencia ». 17 Os
cristiáns, ademais, estamos chamados a « aceptar o
mundo como sacramento de comuñón, como modo de compartir con Deus e co próximo
nunha escala global. É nosa humilde convicción que o divino e o humano se atopan
no máis pequeno detalle contido nos vestidos sen costuras da creación de Deus,
ata no último gran de po do noso planeta ». 18
17 Conferencia no Mosteiro de Utstein,
Noruega (23 xuño 2003).
18 Discurso «Global Responsibility and
Ecological Sustainability: Closing Remarks», I Vértice de Halki, Estambul (20 xuño 2012).
San Francisco de Asís
10. Non quero desenvolver
esta encíclica sen acudir a un modelo belo que pode motivarnos. Tomei o seu
nome como guía e como inspiración no momento da miña elección como Bispo de
Roma. Creo que Francisco é o exemplo por excelencia do coidado do que é débil e
dunha ecoloxía integral, vivida con alegría e autenticidade. É o santo patrón
de todos os que estudan e traballan ao redor da ecoloxía, amado tamén por
moitos que non son cristiáns. El manifestou unha atención particular cara á
creación de Deus e cara aos máis pobres e abandonados. Amaba e era amado pola
súa alegría, a súa entrega xenerosa, o seu corazón universal. Era un místico e
un peregrino que vivía con simplicidade e nunha marabillosa harmonía con Deus,
cos outros, coa natureza e consigo mesmo. Nel advírtese ata que punto son
inseparables a preocupación pola natureza, a xustiza cos pobres, o compromiso
coa sociedade e a paz interior.
11. O seu testemuño
móstranos tamén que unha ecoloxía integral require apertura cara a categorías
que transcenden a linguaxe das matemáticas ou da bioloxía e conéctannos coa
esencia do humano. Así como sucede cando nos namoramos dunha persoa, cada vez
que el miraba o sol, a lúa ou os máis pequenos animais, a súa reacción era
cantar, incorporando no seu encomio ás demais criaturas. El entraba en
comunicación con todo o creado, e ata predicaba ás flores «convidándoas a encomiar ao Señor, coma se gozasen do don
da razón». 19 A súa reacción
era moito máis que unha valoración intelectual ou un cálculo económico, porque
para el calquera criatura era unha irmá,
unida a el con lazos de agarimo. Por iso sentíase chamado a coidar todo o que
existe. O seu discípulo san Boaventura dicía del que, «cheo
da maior tenrura ao considerar a orixe común de todas as cousas, daba a todas
as criaturas, por máis despreciables que parecesen, o doce nome de irmás».
20 Esta convicción non pode ser
desprezada como un romanticismo irracional, porque ten consecuencias nas
opcións que determinan o noso comportamento. Se nos achegamos á natureza e ao
ambiente sen esta apertura ao estupor e á marabilla, se xa non falamos a
linguaxe da fraternidade e da beleza na nosa relación co mundo, as nosas
actitudes serán as do dominador, do consumidor ou do mero explotador de
recursos, incapaz de pór un límite aos seus intereses inmediatos. En cambio, se
sentimos intimamente unidos a todo o que existe, a sobriedade e o coidado
brotarán de modo espontáneo. A pobreza e a austeridade de san Francisco non
eran un ascetismo meramente exterior, senón algo máis radical: unha renuncia a
converter a realidade en mero obxecto de uso e de dominio.
19 Tomé de Celano, Vida primeira de
San Francisco, XXIX, 81: FF 460. 10 11
20 Legenda maior, VIII, 6: FF 1145.
12. Por
outra banda, san Francisco, fiel á Escritura, proponnos recoñecer a natureza
como un espléndido libro no cal Deus nos fala e nos reflicte algo da súa
fermosura e da súa bondade: «A través da grandeza e
da beleza das criaturas, coñécese por analoxía ao autor» (Sb 13,5), e «a
súa eterna potencia e divindade fanse visibles para a intelixencia a través das
súas obras desde a creación do mundo» (Rm 1,20). Por iso, el pedía que no convento sempre se deixase unha
parte do horto sen cultivar, para que crecesen as herbas silvestres, de maneira
que quen as admirasen puidesen elevar o seu pensamento a Deus, autor de tanta
beleza.21 O mundo é algo máis que un
problema a resolver, é un misterio gozoso que contemplamos con xubilosa loanza.
21 Cf. Tomé de Celano, Vida segunda de
San Francisco, CXXIV, 165: FF 750.
O meu chamado
13. O desafío urxente de
protexer a nosa casa común inclúe a preocupación de unir a toda a familia
humana na procura dun desenvolvemento sustentable e integral, pois sabemos que
as cousas poden cambiar. O Creador non nos abandona, nunca fixo marcha atrás no
seu proxecto de amor, non se arrepinte de crearnos. A humanidade aínda posúe a
capacidade de colaborar para construír a nosa casa común. Desexo recoñecer,
alentar e dar as grazas a todos os que, nos máis variados sectores da
actividade humana, están a traballar para garantir a protección da casa que compartimos.
Merecen unha gratitude especial os que loitan con vigor para resolver as
consecuencias dramáticas da degradación ambiental nas vidas dos máis pobres do
mundo.
Os mozos reclámannos un cambio. Eles pregúntanse como é
posible que se pretenda construír un futuro mellor sen pensar na crise do
ambiente e nos sufrimentos dos excluídos.
14. Fago unha invitación
urxente a un novo diálogo sobre o modo como estamos a construír o futuro do
planeta. Necesitamos unha conversación que nos una a todos, porque o desafío
ambiental que vivimos, e as súas raíces humanas, nos interesan e nos impáctan a
todos. O movemento ecolóxico mundial xa percorreu un longo e rico camiño, e
xerou numerosas agrupacións cidadás que axudaron á concientización.
Lamentablemente, moitos esforzos para buscar solucións concretas á crise
ambiental adoitan ser frustrados non só polo rexeitamento dos poderosos, senón
tamén pola falta de interese dos demais. As actitudes que obstrúen os camiños
de solución, aínda entre os crentes, van da negación do problema á indiferenza,
a resignación cómoda ou a confianza cega nas solucións técnicas. Necesitamos
unha solidariedade universal nova. Como dixeron os Bispos de Sudáfrica, «necesítanse os talentos e a implicación de todos para
reparar o dano causado polo abuso humano á creación de Deus». 22 Todos podemos colaborar como
instrumentos de Deus para o coidado da creación, cada un desde a súa cultura, a
súa experiencia, as súas iniciativas e as súas capacidades.
22 Conferencia dos Bispos Católicos do
Sur de África, Pastoral Statement on the Environmental Crisis (5 setembro 1999).
15. Espero que esta Carta
encíclica, que se agrega ao Maxisterio social da Igrexa,nos axude a recoñecer a grandeza, a urxencia e a
fermosura do desafío que se nos presenta. En primeiro lugar, farei un breve
percorrido por distintos aspectos da actual crise ecolóxica, co fin de asumir
os mellores froitos da investigación científica actualmente dispoñible,
deixarnos interpelar por ela en profundidade e dar unha base concreta ao
itinerario ético e espiritual como se indica a continuación. A partir desa
mirada, retomarei algunhas razóns que se desprenden da tradición xudeu-cristiá,
a fin de procurar unha maior coherencia no noso compromiso co ambiente. Logo
tentarei chegar ás raíces da actual situación, de maneira que non miremos só os
síntomas senón tamén as causas máis profundas. Así poderemos propor unha
ecoloxía que, entre as súas distintas dimensións, incorpore o lugar peculiar do
ser humano neste mundo e as súas relacións coa realidade que o rodea. Á luz
desa reflexión quixese avanzar nalgunhas liñas amplas de diálogo e de acción
que involucren tanto a cada un de nós como á política internacional.
Finalmente, posto que estou convencido de que todo cambio necesita motivacións
e un camiño educativo, proporei algunhas liñas de maduración humana inspiradas
no tesouro da experiencia espiritual cristiá.
16. Aínda
que cada capítulo posúe a súa temática propia e unha metodoloxía específica, á
súa vez retoma desde unha nova óptica cuestións importantes abordadas nos
capítulos anteriores. Isto ocorre especialmente con algúns eixos que atravesan
toda a encíclica. Por exemplo: a íntima relación entre os pobres e a
fraxilidade do planeta, a convicción de que no mundo todo está conectado, a
crítica á novo paradigma e ás formas de poder que derivan da tecnoloxía, a
invitación a buscar outros modos de entender a economía e o progreso, o valor
propio de cada criatura, o sentido humano da ecoloxía, a necesidade de debates
sinceros e honestos, a grave responsabilidade da política internacional e
local, a cultura do descarte e a proposta dun novo estilo de vida. Estes temas
non se pechan nin abandonan, senón que son constantemente reformulados e
enriquecidos.
Comentarios
Publicar un comentario