Este é o sangue da alianza que o Señor fai convosco - Ex 24, 3-8
Corpus Christi - ciclo B
DIVINA EUCARISTÍA
Oh divina Eucaristía,
cea pascual do Señor,
que o fai noso por amor,
nos altares, cada día.
Peñor de vida e de gloria,
graza de Deus repartida,
graza á que Deus nos convida
nesa sagrada memoria.
Pan do ceo para a Igrexa,
pan dos anxos para os homes:
máis o desexas se o comes,
máis come quen máis desexa .
Un cáliz para unha entrega:
Sangue de Alianza selada
entre o Amado e a Amada
do amor na mística adega.
Sacro festín dos cristiáns,
mesa divina, á que sentan
os que de Deus se sustentan
para amarse e ser irmáns.
Gloria a Cristo, bo Pastor,
que nos coñece e nos guía,
e na santa Eucaristía
nos apacenta de amor. Amén.
(Himno do Corpus)
Comentarios
Publicar un comentario