Consellos a pais ao final do curso - D.Bosco


Consellos de Don Bosco aos pais


1. Valora ao teu fillo.
Cando se sente respectado e estimado, o neno progresa e madura.

2. Cre no teu fillo.
Incluso os nenos "difíciles" teñen bondade e xenerosidade no corazón.

3. Ama e respecta ao teu fillo.
Móstralle, claramente, que estás ao seu lado, mírao aos ollos. Nós pertencemos aos nosos fillos, non eles a nós.

4. Eloxia ao teu fillo sempre que poidas.
Se sincero: a quen de nós non lle gusta un eloxio?

5. Comprende ao teu fillo.
O mundo hoxe é complicado, rudo e competitivo. Cambia cada día. Procura entender isto. Quen sabe o que el necesita de ti, esperando apenas un xesto teu.

6. Alégrate co teu fillo.
Moito máis que nós, os mozos son atraídos por un sorriso; a alegría e o bo humor atraen aos nenos como o mel.

7. Achégate ao teu fillo.
Vive co teu fillo. Vive no seo medio. Coñece aos seus amigos. Procura saber onde vai, con quen está. Convídao a traer aos seus amigos á túa casa. Participa amigablemente da súa vida.

8. Se coherente co teu fillo.
Non temos dereito a esixir do noso fillo actitudes que non temos. Quen non é serio non pode esixir seriedade. Quen non respecta, non pode esixir respecto. O noso fillo ve todo isto moi ben, talvez porque nos coñece mellor que nós a el.

9. Previr é mellor que castigar ao teu fillo.
Quen é feliz non sente necesidade de facer o que non é correcto. O castigo doe, a dor e o rancor afástante e sepárante do teu fillo. Pense, dous, tres, sete veces, antes de castigar. Nunca con rabia. Nunca.

10. Reza co teu fillo.

Ao principio pode parecer "estraño". Pero a relixión necesita ser alimentada. Quen ama e respecta a Deus amará e respectará ao seu próximo. "Cando se trata de educación, non se pode deixar de lado a relixión".


Comentarios

Publicacións populares