Aquí han rematar os teus arrogantes impulsos-Xob 38, 1.8-11
Domingo 12 do Tpo.Ordinario - ciclo B
ENCONTRARÁS
A DEUS
Onde queira que poñas a túa ollada,
onde queira que fixes a túa atención,
onde queira que un átomo subsista,
ENCONTRARÁS A DEUS.
Nas formas diversas da nubes,
nas raiolas douradas que dá o sol,
no brillo que lanzan as estrelas,
ENCONTRARÁS A DEUS
Nos doces beos que nos prados
o rabaño dá ao asubío do pastor,
nos
trinos cambiantes das aves,
ENCONTRARÁS A DEUS.
No sangue que corre pólas túas veas,
na mesma conciencia do teu Eu,
nos propios latexos do teu peito,
ENCONTRARÁS A DEUS.
Nas horas de sombra e amargura,
cando a soas esteas coa túa dor,
se o buscas na sombriza noite,
ENCONTRARÁS DA DEUS.
Comentarios
Publicar un comentario