21 jun. 2015

Velaí renovouse a realidade - 2 Cor 5, 14-17

Domingo 12 do Tpo.Ordinario - ciclo B


A VIDA

É un reto ...
Enfróntaa!

É un eterno deixar ir ...
Só con mans baleiras poderás
tocar algo novo!

A vida é amor ---
Vívea na luz e profundidade!

É esperanza ...
Nunca a perdas!

É camiño ...
Sigue sempre adiante!

A vida é crer ...
Nunca deixes de confiar!

É tamén morrer ...
Non ceses da dar a túa vida!

A vida é aprender ...
Aprende sempre, en todas partes
ata o final!

É un agasallo ...
Agradécea e pásaa a outros!

A vida é amizade ...
Cóidaa con agarimo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario