28 jun. 2015

Por envexa do demo entrou a morte na terra - Sab 1, 13-15; 2, 23-24

Domingo 13 do Tpo. Ordinario - ciclo B


DURMIDOS, SEÑOR, DURMIDOS

A filla de Xairo pechos os ollos.
Seu pai, xefe da sinagoga, quere que vaia Xesús.
Que tes ti, Señor, que non teñan os demais?

Xesús achégase e di: “está durmida”.
Riste de nós os pobres mortais?
 Xesús cóllea da man e dille con autoridade:
“Contigo falo, érguete!”

Señor fálanos con autoridade.
Espértanos do letargo do sono e da morte.
Queremos vivir contigo, hoxe, e sempre.
                                              
Pedro Fraile




No hay comentarios:

Publicar un comentario