Farei xurdir un profeta e poñerei as miñas palabras na súa boca-Deut 18, 15-20
Domingo 4 de Ordinario - ciclo B
FÁLAME
CON FEITOS
“Xesús
adoutrinaba con autoridade” (Mc. 1, 22).
Estamos cansos de palabras.
Abundan os paroleiros.
Non sobran os que antepoñen os feitas ás
palabras.
Os que así actúan causan impacto,
son escoitados, fan pensar.
Estes falan con autoridade,
coa autoridade que lles dá unha vida
auténtica. .
Os que escoitaban a Xesús
decatábanse de que El non adoutrinaba
coma os letrados, escribas e fariseos.
A diferencia estaba en que en Xesús había
coherencia;
nel os feitos e as palabras son unha mesma
cousa.
Por iso non se fundamentaba en nada estraño
para darlle forza ás súas palabras;
atopaba forza na súa propia radicalidade
que viviu con autenticidade.
Comentarios
Publicar un comentario