Deus establece unha alianza con Noé liberado das augas do diluvio - Xen 9, 8-15

Domingo 1 de Coresma - ciclo B


OS TROPEZOS 
DO PLAN DE DEUS

 O pan, os cartos valen moito;
pero non o son todo.

A economía, boa ou mala,
ten moito que ver coa boa marcha
dunha persoa, dunha familia,
dun pobo, dunha terra;
pero a economía non o é todo.

Máis aló da economía está Deus
e a súa palabra.
Máis aló da miña economía
está a economía de todos.
Máis aló da economía do corpo
está a economía da alma,
pedindo un tempo,
solicitando tamén un orde e un progreso.

Non tentes a Deus;
non opoñas no canto do teu esforzo.
Non agardes milagres
onde ten que haber coidado, cálculo,
prevención, traballo serio e ordenado.

Non cubras con rezos a túa preguiza
e o teu desorde.
Non xogues a poderoso.
Non vendas o teu corazón,
a túa vida, e a túa verdade
por unha presa de poder.

Non te dobregues
ante nada e ante ninguén.
Só tes un dono, só un,
ao que amosar serenamente,
agarimosamente, o teu recoñecemento.


Comentarios

Publicacións populares