Considera o que corresponde a Deus-1 Cor 7, 32-35
Domingo 4 de Ordinario - ciclo B
UNHA
VEZ
HOUBO UN HOME
Unha vez houbo un home
Que nunca dixo meu,
Petou nas portas do mundo,
Chamou no meu corazón.
Falaba
con palabras
Que semellaban pombas.
As cousas a súa beira púñanse brancas.
Nacíalle nos ollos un abrente.
Coma un río de luz,
Ou coma un mar afastado, cheo de gaivotas.
Un bálsamo de amor
Tiña aquel home
Para esta miña dor sen nome. Amén
Celso
Emilio Ferreiro
“Longa noite de pedra”
Comentarios
Publicar un comentario