Ai de min se non evanxelizo! - 1 Cor 9, 16-19. 22-23

Domingo 5 do Tpo. Ordinario - ciclo B


O TEU PODER MULTIPLICA

O teu poder multiplica
a eficacia do home,
e medra cada día, entre as súas mans,
a obra das túas mans.

Sinaláchesnos un anaco da viña e
dixéchesnos: “Vinde e traballade”.

Amosáchesnos unha mesa baldeira
e dixéchesnos: “Enchédea de pan”.

Presentáchesnos un campo de batallas
e dixéchesnos: “Construíde a paz”.

Sacáchesnos ao deserto coa alba
e dixéchesnos: “Construíde a paz”.

Puxeches unha ferramenta nas nosas mans 
e dixéchesnos: “É tempo de crear”.

Escoita ao medio día o rumor do traballo
co que o home se afana na túa herdade.






Comentarios

Publicacións populares