Abarrotaranme as dores ata o solpor - Xob 7, 1-4. 6-7
Domingo 5 do Tpo. Ordinario - ciclo B
PARA LEVAR BEN
UNHA ENFERMIDADE
Meu Deus, meu Pai do ceo,
fáloche hoxe co corpo e coa alma feridos,
en moito humor para levanta-la miña voz,
o corazón encollido e algo desanimado.
Sei que non me tomarás a malos meus
aborrecementos,
Como tampouco non mos toman os familiares que
me coidan.
Sei que tes paciencia comigo,
amo a teñen todos os da casa.
Sei que me amas especialmente,
Como especialmente me aman todos os meus.
Sei que me visitas máis agarimosamente,
como tamén me visitan os que viven comigo e os
veciños.
Por veces, meu Pai, por veces
cústame sufrir e aguantar,
cústame manter a esperanza e non me afundir,
cústame non descargar nos outros
o peso do sufrimento que eu levo ó lombo,
cústame estar alegre
ou polo menos non estar moi triste.
Non sei que facer co meu sufrimento.
Se me puidese ver libre del!
Que feliz sería!
Canto aprecio agora a saúde que tiven tantos
anos!
Non sei que facer co meu sufrimento.
Non sei se vale para algo.
Din que si, pero eu non o sei.
Póñoo nas túas mans,
fai del o que ti queiras.
Síntome, máis ea nunca, irmán de todos os que
sofren.
Síntome irmán de Xesús, cando padecía.
Síntome convocado pola túa benaventuranza
para o día grande no que os que choran serán
consolados.
Mentres, Pai, grazas por ti e por todos
aqueles
que xa me adiantan ese consolo.
Comentarios
Publicar un comentario