Día Internacional da Lingua Materna - 21 de febreiro

Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO
Irina Bokova,
con motivo do Día Internacional da Lingua Materna

A educación inclusiva por medio do idioma e con el - Os idiomas contan
UNESCO, 21 de febreiro de 2015

En 2015 cúmprese o 15º aniversario do Día Internacional da Lingua Materna; é tamén un ano decisivo para a comunidade internacional, por ser o prazo fixado para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e o momento en que os países definirán unha nova axenda de desenvolvemento sustentable.
A axenda despois de 2015 debe centrarse na prioridade de promover a educación para todos: ampliar o acceso, garantir a igualdade e a inclusión e fomentar a educación para a cidadanía mundial e o desenvolvemento sustentable.
Impartir a educación na lingua materna é esencial para alcanzar estes obxectivos - facilitar a aprendizaxe e reforzar as competencias en materia de lectoescritura e aritmética. Para progresar nestes ámbitos é necesario dar máis importancia á formación docente, a revisión dos programas de ensino e a creación de contornas propicias para a aprendizaxe.
A UNESCO impulsa estes obxectivos en todo o mundo. En América Latina, co Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, a UNESCO fomenta a educación inclusiva por medio de métodos interculturais bilingües, para dar cabida tanto ás culturas nativas como ás que non o son. Polas mesmas razóns, a Oficina Rexional de Educación para Asia e o Pacífico; sita en Bangkok
(Tailandia) obra por que se comprenda mellor o concepto de educación plurilingüe baseada na lingua materna na rexión e fóra dela.
A educación na lingua materna non só favorece a educación de calidade senón que ademais é esencial para consolidar o plurilingüismo e o respecto da diversidade lingüística e cultural en sociedades que se transforman rapidamente.
Desde 2000 houbo enormes progresos cara á consecución dos obxectivos da Educación para Todos. Hoxe debemos mirar cara a adiante, para levar a termo as tarefas inconclusas e facer fronte a novos desafíos. O Día Internacional da Lingua Materna é un momento propicio para que todos nós poñamos de relevo a importancia a lingua materna para que prosperen todas as iniciativas en materia de educación, mellore a calidade do ensino e chéguese a quen quedaron á marxe. Cada un, nena ou
home, muller ou home, debe contar coas ferramentas necesarias para participar plenamente na vida da sociedade da que forma parte: este é un dereito humano fundamental e un vector de sustentabilidade en toda iniciativa de desenvolvemento.


VER TAMÉN:
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/search/label/Evangelii%20Gaudium
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2012/02/dia-internacional-da-lingua-materna.html


 



Comentarios

Publicacións populares