15 feb. 2015

O leproso vivirá el só fóra do campamento - Lev 13, 1-2. 44-46

Domingo 6 do Tpo. Ordinario - ciclo B


PON AS TÚAS MANS SOBRE MIN

Pon as túas mans sobre min, Xesús,
as túa mans humanas,
curtidas e traspasadas.

Comunícame a túa forza e enerxía,
o teu anhelo e a túa tenrura,
a túa capacidade de servizo e de entrega.

Déixame poñer as miñas mans nas túas
e sentir que somos irmáns,
con feridas e chagas vivas.

E con mans libres,
fortes e tenras,
que abrazan.

Florentino Ulibarri

No hay comentarios:

Publicar un comentario