15 feb. 2015

Imitádeme a min como eu imito a Cristo - 1 Cor 10, 31 -- 11, 1

Domingo 6 do Tpo. Ordinario - ciclo B


PRECE  NA  DOR

Meu Deus, aquí me tes, aflito e retirado,
como quen deixa á porta o saco para o pan.
Éncheo do que quixeres; estou firme e preparado.
O que for, así sexa, á túa man;
A túa vontade se faga, a miña non.

Señor, abre aínda máis o meu lado ardente, 
do flanco de teu Fillo copiado.
Corre auga, tempo e pus no sangue quente:
outro ben non me é dado.
Todo e sempre así sexa,
e non o que a alma tibia só desexa.

Se che pedir piedade, dáme lume a comer, 
que con puntas de lume o podre se adormenta. 
O teu perdón de Pai aínda non pode ser,
mais lémbrate que é fraca a alma que aguanta:
se é posible, desvía o fel do vaso;
se non é, beberei, non fagas caso.
                                 
(Vitorino Nemesio) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario