22 feb. 2015

Agora salvouvos o bautismo - 1 Pe 3, 18-22

Domingo 1 de Coresma - ciclo B


SEDE DE DEUS

Amor, delicia de alma a Deus unida,
do mesmo Deus suavísimo atractivo,
que o corazón liberta, e dá motivo
a saudades crueis en canto hai vida!
Tal dor causa o saber que só morrendo
de Deus pode gozar quen a Deus ama
que me sinto morrer, por ir vivindo.

Canto custa esta vida dilatada!
Coido que arrastro levo duros ferros;
son cárceres meus días, son desterros,
do ben, que tanto adoro, separada.
Vou con ansias de amor desfalecendo;
e sen chegar ao fin, padezo tanto
que me sinto morrer, por ir vivindo.

Ai que vida tan dura, tan amarga
sen tomar do meu Deus enteira pose!
Se o puro amor en que ardo é sempre dóce,
cansa, aflixe a esperanza cando é larga.
Acúdeme, Señor!, vai desfacendo
o pesado grillón que aínda me prende,
que me sinto morrer por ir vivindo.

 Marquesa de Alorna (1750-1839)

No hay comentarios:

Publicar un comentario