Domingo 6 do Tpo. Ordinario B
6º DOMINGO DO
TEMPO ORDINARIO - CICLO B
Primeira Lectura Lev 13, 1-2. 44-46
O leproso vivirá el só fóra do
campamento
LECTURA DO LIBRO
DO LEVÍTICO
O
Señor faloulles a Moisés e a Aharón:
‑
"Cando a un lle apareza na pel do seu corpo unha inflamación, un furuncho
ou unha mancha de cor abrancazada brillante, que se converte nunha chaga de
lepra, será levado a Aharón, o sacerdote, ou a un dos seus fillos sacerdotes.
Trátase
dun home contaxiado de lepra: é impuro, e así o deberá declarar o sacerdote.
Ten a lepra na cabeza.
O
enfermo de lepra andará coa roupa esgazada e a cabeza descuberta. En troques
tapará cun veo a súa barba, e irá berrando: impuro, impuro.
Todo
o tempo que lle dure a chaga será considerado impuro, porque o é, e vivirá
arredado, fóra do campamento da súa morada.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 31, 1-2. 5. 11
R/. (7): Ti
es o meu amparo: gárdasme dos perigos e cínguesme co gozo do rescate.
Ditoso aquel a quen lle foi
perdoada a súa culpa,
a quen lle foi enterrado o seu
pecado.
Ditoso aquel a quen o Señor
non lle ten en conta o delito,
o que non leva fraude no seu
espírito.
Confeseiche o meu pecado,
non che escondín o meu delito;
Dixen: "Vou confesar a miña
culpa ao Señor",
e ti perdoáchesme a culpa e o
pecado.
Alegrádevos no Señor e reloucade
os xustos,
aclamádeo todos os rectos de
corazón.
Segunda Lectura 1 Cor 10, 31 -- 11, 1
Imitádeme a min como eu imito a
Cristo
LECTURA DA
PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Irmáns:
Tanto
que comades, como que bebades, coma calquera cousa que realicedes, facédeo todo
para gloria de Deus.
Non
sexades tropezo nin para os xudeus, nin para os gregos, nin para a Igrexa de Deus.
Así
tamén eu procuro agradar a todos en todo, non buscando a miña comenencia, senón
a da maioría, para que se salven.
Procurade
imitarme a min, como eu imito a Cristo.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Lc 7, 16
Se non se canta,
pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Un gran profeta xurdiu entre nós;
Deus visitou o seu pobo.
Aleluia.
Evanxeo Mc 1, 40-45
Desapareceulle a lepra e quedou
limpo
LECTURA DO SANTO
EVANXEO SEGUNDO MARCOS
‑
Ti, se queres, pódesme limpar.
Xesús,
estremecido, estendeu a man, e tocouno, dicindo:
-
Pois quero, queda limpo.
E
no instante desapareceulle a lepra, quedando limpo. E despediuno, e, poñéndose
moi serio, mandoulle:
‑
Mira, non lle vaias dicir nada a ninguén; preséntate ao sacerdote, e fai pola
túa purificación as ofrendas mandadas por Moisés, para que lles conste.
Pero,
mal se foi, aquel home botouse a pregoar a nova, espallándoa de tal xeito que
Xesús xa non podía entrar en vila ningunha, senón que quedaba fóra, nos
arredores apartados. Pero aínda así acudían a el de todas as partes.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
FRONTE Á TIRANÍA DA LEI, POÑÁMONOS NO ACUBILLO DO
EVANXEO QUE NON EXCLÚE NIN DIFERENZA
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
ESCOITA ACTIVA
Hoxe, domingo de Entroido, ás portas de comezar un novo tempo litúrxico,
volvemos ser convocados ao redor do altar para compartir e agradecer a vida. Toda
a vida. Os momentos nos que todo é gozo e ledicia e tamén aqueles nos que a
dificultade vai entrando e nos vai presentando retos e situacións nada doadas
ás que lle atopar solución. Pero en todos eses momentos non estamos sós. A
presenza e a forza de Xesús vanse manifestando ao noso lado, e vaino facendo de
formas e modos diferentes, pero sempre está.
Que saibamos ter oídos e ollos
atentos e abertos para poder recoñecelo á hora de afrontar respostas e
solucións. Porque o Evanxeo, inda que ás veces non sexamos capaces de
descubrilo, é proposta de acubillo que acolle, alenta e acompaña.
Compartamos, logo, canto hoxe nos ofrece a
Palabra de Deus desde oración comunitaria que agora comezamos.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
·
Porque son
moitas as veces nas que nos contentamos con cumprir o externo das normas, sen
esforzarnos en buscar o seu espírito, SEÑOR, QUE SUPEREMOS A TENTACIÓN DO
INDIVIDUALISMO.
·
Porque nos
negamos a ser refuxio no que acoller aos irmáns que nos buscan para escoitalos,
CRISTO, QUE SUPEREMOS A TENTACIÓN DO INDIVIDUALISMO.
·
Porque o
noso testemuño non responde á túa invitación de ser escoita e acompañamento
para cos irmáns que nos necesitan, SEÑOR, QUE SUPEREMOS A TENTACIÓN DO
INDIVIDUALISMO.
PALABRA
ENRAIZADA
·
A figura do
leproso cando aparece na biblia, expresa sempre exclusión. Aos leprosos
négaselles todo, comezando pola súa posibilidade de convivir cos demais.
Apártaselles. Naquel tempo eran os apestados, e para evitar contaxiarse vivían
fóra das cidades, e cando ían a sitios onde podían atoparse con outra xente,
debían facer soar unha campaíña para que os demais se fosen afastando e non se
tocasen con eles. Diante desta foto, no pode estrañar que o libro do Levítico
incida nesta idea e asegure que o leproso terá a súa morada fóra, lonxe de onde
están os demais. O triste era que a lei permitía isto –é verdade que non
podemos achegarnos aos textos dun tempo pasado cos ollos e as categorías de
hoxe, por iso é tan importante coñecer e estudar os textos da biblia: para
aprender a distinguir o que son elementos fundamentais e criterios de fondo do
texto, do que é cuestión cultural e do tempo. A hermenéutica axudaranos a ir
coñecendo mellor os textos e a ter unha interpretación correcta- pero o máis
triste é que hoxe, e xa sen ningunha interpretación polo medio, seguen a
existir, e canto máis desenvolvida é a sociedade en maior número, persoas e
grupos que practican actitudes de exclusión aos leprosos –non físicos senón
figurados– do noso tempo. Os leprosos de hoxe poden non ter problemas de pel,
pero si de acollida, integración, igualdade de posibilidades ou perda do seu
posto de traballo. As lepras de hoxe, como di o Papa Francisco, son as que
converten ás persoas en descartes, como se fosen cousas que se poden taxar ou
reducir a simples tantos por cento, esquecendo que estamos a falar de persoas,
de vidas , de ilusións, de proxectos... de fillos e fillas de Deus. Para El o
importante non son os datos do D.N.I., senón a dignidade que se comparte e o
respecto que toda persoa nos merece. Diante destas novas lepras, e citando
tamén ao Papa, os cristiáns, e polo tanto a Igrexa, temos que ser casa de
acollida, porta aberta e pai/nai que mostre tenrura e non esqueza que agarimar
é poñer en práctica a invitación que nos fai Xesús de acoller sempre a quen
chega Sen segundas lecturas nin retrancas que busquen xustificar o
inxustificable e impedir ver a realidade complexa e excluínte que, entre todos/as,
por acción ou omisión, estamos a construír.
·
Onde
podemos topar forza e verdadeiros berces de acollida é en Deus. Como nos dicía
o Salmo, El é o noso refuxio. Foino, éo e seguirao sendo. E como sabemos, hoxe
non é doado atopar refuxios onde te acollan, non che pidan nada ou non intenten
rendibilizar a túa chegada. Estamos tan contaminados polo influxo do
capitalismo que todo o taxa, que ata ás persoas lles poñemos prezo. Fronte a
isto, Deus segue a manter a súa invitación: Vén, aquí atoparás refuxio, lugar
de acollida e agarimo. E ademais non estarás só. Esta é a nosa folla de ruta
como cristiáns. Estamos a seguila?. Mellor: estamos dispostos a tomala en serio
e comezar a vivila? Preguntémonos como facemos realidade, no noso actuar
cotián, ser refuxio que escoite, acompañe e se faga presente ante o pairo no
que viven moitos dos nosos irmáns.
·
Paulo
entendeuno ben, por iso lles di aos corintios que o importante é seguir a
Cristo, non cumprir normas. Xa pasou o tempo dunha fe de dogmas. Estamos noutro
tempo, un tempo que nunca deberiamos ter esquecido, pero que esquecemos. Este
novo tempo é un tempo de actitudes, e estas son das persoas e para as persoas.
E é Cristo, non a friaxe nin a dureza das leis –temos que ser persoas e
comunidades de misericordia– a quen temos que seguir. De que nos vale ser moi
cumpridores se o noso corazón se volve insensible e duro coma a pedra?.
Xesús non ten medo a contaminarse. Toca o intocable, ao leproso. Seremos
capaces de facer o mesmo?. Aquel home quedou limpo. Tamén nós somos invitados a
que outros vaian quedando limpos da lepra da exclusión, do empobrecemento e da
invisibilidade. Non teñamos medo a ser socialmente incorrectos se estamos
dispostos a vencer prexuízos e a achegarnos a aqueles que, segundo o parecer
dos ben pensantes, son mal vistos.
FRATERNIDADE
ORANTE
Neste momento somos invitados a poñer en
común canto queremos compartir agradecidos con Aquel que é para nós a esperanza
e a mais o amor. Por iso dicimos.
QUE OS
PREXUÍZOS NON ESCUREZAN O AMOR AOS DEMAIS
·
Para que na
Igrexa dispoñamos sempre de persoas que coas súas actitudes non se deixen guiar
pola rutina do que fan todos, e sexan para nós fachos de luz no medio das
escuridades da vida, OREMOS.
QUE OS
PREXUÍZOS NON ESCUREZAN O AMOR AOS DEMAIS
·
Para que
nas nosas comunidades, aprendendo do actuar de Xesús, non teñamos medo nin prexuízos
para achegarnos a quen nos necesite, OREMOS.
QUE OS
PREXUÍZOS NON ESCUREZAN O AMOR AOS DEMAIS
·
Para que
cada un/ha de nós, na nosa vida cotiá, saibamos buscar momentos para a oración
que nos axuden a tomar conciencia de que o individualismo non é evanxélico,
OREMOS.
QUE OS
PREXUÍZOS NON ESCUREZAN O AMOR AOS DEMAIS
Señor, unha vez máis a letra
sabémola, pero fállanos a música coa que Ti nos dis que só unindo esforzos e
preocupándonos dos irmáns, a nosa vida vai cobrando sentido e forza. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE
ESPERANZA
Señor, Ti podes limparnos! Es o único que
pode liberarnos das costras do aburguesamento, da vida fácil, cómoda e
insolidaria. Invítasnos a unir as mans para mirar as pobrezas do noso redor e
responder desde esta unión intentando superalas. Cada día nas Cáritas, de
tantas parroquias, son máis longas as ringleiras de persoas que veñen pedir.
Qué mágoa que existan colas para solicitar unha axuda!. Oxalá que coas nosas
mans e o noso corazón, saibamos descubrir a forza de Xesús desde a nosa achega
aos irmáns que necesitan ser sandados da enfermidade da falta de compaixón cos
que máis sofren.
A auga do Corazón de Cristo sanda tódalas
nosas enfermidades, se nos achegamos a El, coma o enfermo do Evanxeo.
CANTO
GOZOSO
Camiñarei
LECTURAS:
Déixate querer
OFERTORIO:
Aquí están
Señor
COMUÑÓN:
Seguirei os
teus pasos
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario