VI SEMANA DE CINE ESPIRITUAL PARA NENOS

COMUNICACIÓN DA FERE DE GALICIA
VI Semana de Cine Espiritual

Terémola na última semana de febreiro e primeira de marzo, nas diferentes cidades. As películas elixidas para os diferentes niveis son:


·         1º, 2º e 3º de EP: El pequeño Ángel de Dave Kim:

       Conta a historia do máis novo dos anxos que viven no ceo. O pequeno acode a unha academia de anxos para que lle ensinen a cantar, facer nubes ou voar, pero el é inquiedo, traveso e moi torpe. Buscando o agasallo máis especial para levarlle ao neno Xesús o día de Nadal, regresará xunto ao seu cachorro, Halo, á Terra, onde lle esperarán grandes aventuras.



·         4º, 5º e 6º de EP: Maléfica de Robert Stromberg:

       É a historia xamais contada de Maléfica, a vilá máis querida de Disney, a mala de "A Bela dormente", o clásico de 1959. A película relata os acontecementos que endureceron o seu corazón e levárona a lanzar unha maldición sobre a pequena Aurora.



·        1º, 2º e 3º de ESO: Blanca como la nieve, roja como la sangre de Giacomo Campionati:

        Leo vive entre mensaxes de móbil, deberes, pósteres, cancións, partidos, motos, miradas e sorrisos é un mozo calquera inmerso no bulebule da adolescencia. Está namorado de Beatrice, pero non sabe nin como achegarse. Pronto descubrirá que a moza dos seus soños sofre unha gran dor.


·         4º de ESO e Bacharelato: por confirmar, entre: 

A) Incondicional, de Brent McCorkle:

         Samantha ten unha vida de conto: está felizmente casada, vive na tranquilidade do campo e as historias que escribe e debuxa desde que era nena convertéronse en libros de éxito.

     Pero un día, a idílica historia dá un xiro de 180 graos: O seu marido, Billy, é asasinado. Perdendo as ganas de vivir, reencóntrase co seu vello amigo da infancia, e únense de novo por un obxectivo común.


B) 12 años de esclavitud, de Steve McQueen:

       Baseada nun feito real ocorrido en 1850, narra a historia de Solomon Northup, un culto músico negro que vivía coa súa familia en Nova York. Tras tomar unha copa con dous homes, Solomon descobre que foi drogado e secuestrado para ser vendido como escravo nunha plantación de Louisiana. Solomon contempla como todos ao seu ao redor sucumben á violencia e á desesperación. Pero el decide non renderse e esperar a que chegue o momento oportuno para recuperar a liberdade e volver coa súa familia.





Comentarios

Publicacións populares