ORACIÓN DE CORESMA - semana 1


ORACIÓN DE CORESMA
(TEXTO COMPLETO)

É o momento, Señor, de orientar a miña vida;
é a hora de dar rumbo á miña existencia;
estou a punto para descubrir un novo camiño;
non me serve, Señor, o vivir en eterna encrucillada.
Estou diante túa aberto como a praia ao mar;
estou en busca dos teus pasos, das túas pegadas;
quero deixar atrás os meus camiños e entrar "polos teus camiños";
quero dicir si ao plan de Deus para os soños da miña vida.

Aquí estou, Señor, como Saulo no camiño de Damasco;
e dígoche sen reviravoltas: Señor, que queres que faga?
Aquí estou, Señor, como Samuel na noite e dígoche:
Fala, Señor, que o teu servo escoita.
Aquí estou, Señor, como María cando era nova e dígoche:
Velaquí a escrava; que se faga en min segundo a túa Palabra.
Aquí estou, Señor, cun corazón dispoñible como o teu
e dígoche: Quero facer a túa vontade.

Señor, que queres de min? Que me pides?
Señor, cal é o plan do Pai para a miña vida?
Señor, cal é o proxecto que queres que realice?
Señor, a que me chamas? Por onde queres que camiñe?
Señor, como estar seguro dos teus camiños na miña vida?
Señor, serei capaz de ser fiel á chamada que me fas?
Señor, e se me equivoco e teño que volver atrás?

Quero, Señor Xesús, saír desta confusión en que vivo.
Quero, Señor Xesús, escoitarche e dar resposta á túa chamada.
Quero, Señor Xesús, deixar todo, quedarme libre para seguirte.
Quero, Señor Xesús, arriscar o meu camiño co teu.
Quero, Señor Xesús, deixar os meus medos, dar paso á miña fe de xoven.
Quero, Señor Xesús, fiarme do teu plan porque me amas.

Eu sei que me miraches, que puxeches os teus ollos en min.
Eu sei que me queres para ser servidor do teu Reino.
Eu sei que me dás a forza do teu Espírito para ser enviado.
Eu sei que é posible realizar o teu plan e ser feliz.
Señor, quero facer da túa Persoa e o teu Evanxeo,
o proxecto de vida que dea sentido á miña existencia.
Aquí me tes, Señor, para facer a túa vontade.


PPT:
Mércores de cinsa

Mércores-de-cinsa-2013

Comentarios

Publicacións populares