30 nov. 2014

Restáuranos, Deus, que brille o teu rostro e seremos salvos-Salmo 79

Domingo 1 de Advento - ciclo B


MARANA THA

Acendemos, Señor, esta luz
neste primeiro domingo de Advento,
para manternos espertos e en pé,
como sentinelas espelidos,
ante o Fillo do Home que vén,
o Futuro glorioso que nos agarda,
a espertar a nosa débil e adormecida esperanza.

Espértanos, Señor,
para avistar aos desesperados da vida,
para poder ver os que só esperan
cousas menores que eles mesmos,
para entrever os que non teñen
ou perderon a ilusión en Ti
para divisar os que teñen o seu futuro
cargado de dúbidas e increnza ...

Señor, para que na nosa contorna
sexamos testemuñas claras da túa luz
e motivos cribles de esperanza,


No hay comentarios:

Publicar un comentario