Desde os abismos chámote, Señor - Salmo 129

Fieis Defuntos


ORACIÓN IRLANDESA
PARA O DÍAS DE FIEIS DEFUNTOS

Lembrámolos. 
Á saída do sol e onde se pon, 
lembrámolos. 
Ao soprar o vento e o frío do inverno, 
lembrámolos. 
Na apertura das xemas e no renacer da primavera, 
lembrámolos. 
No azul do ceo e na calor do verán, 
lembrámolos. 
No rumoreo das follas e na beleza do outono, 
lembrámolos. 
No principio do ano e cando termina, 
lembrámolos. 

Mentres vivamos, tamén eles vivirán, 
pois son agora unha parte de nós, 
como os lembramos.

Cando estamos cansos e necesitados de forza, 
lembrámolos. 
Cando estamos perdidos e enfermos de corazón, 
lembrámolos. 
Cando temos a alegría que anhelamos compartir, 
lembrámolos. 
Cando temos que tomar decisións que son difíciles de tomar, lembrámolos. 
Cando temos logros que se basean neles, 
lembrámolos. 

Mentres vivamos, tamén eles vivirán, 
pois son agora unha parte de nós, 
como nós os lembramos.

Comentarios

Publicacións populares