Fieis Defuntos
SOLEMNIDADE DOS FIEIS DEFUNTOS
NOTA SOBRE AS LECTURAS:
As lecturas deste día tómanse das moitas que hai a elixir da misa de exequias, estas están elixidas
segundo o calendario Litúrxico Pastoral da Conferencia Episcopal Española
Primeira Lectura Lam 3, 17- 26
LECTURA DO LIBRO DAS LAMENTACIÓNS
Está ben esperar en silencio a salvación do Señor
LECTURA DO LIBRO DAS LAMENTACIÓNS
Está ben esperar en silencio a salvación do Señor
Afasta a miña
vida da fartura, esquézome da felicidade,
e digo:
"Acabouse a miña superioridade e a miña esperanza no Señor".
Zain .
Lémbrate da miña miseria e do meu desterro, que son asente e veleno.
Lémbrate de
que a miña culpa está mandando ó abismo a miña vida.
Isto traio no
meu corazón, por isto teño esperanza:
Het . as
bondades do Señor non se acabaron, nin tampouco desapareceron as súas
misericordias,
pois son
novas cada mañá, a túa fidelidade é grande.
O Señor é o
quiñón da miña herdanza ‑di o meu corazón‑, por isto
teño esperanza nel.
Tet . Bo é o
Señor para quen espera nel, para aquel que o busca.
É bo que un
espere en silencio a salvación do Señor.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 129, 1-8
R/ (cf 1): Desde os abismos chámote, Señor
Ou tamén: (cf. 5): Eu espero no Señor, confío na súa Palabra
Ou tamén: (cf. 5): Eu espero no Señor, confío na súa Palabra
Desde os
abismos
Cántiga das
subidas.
Desde os
abismos chámote, Señor;
escoita,
Señor, a miña voz.
Ten atentos
os oídos
ó clamor da
miña súplica.
Se ti levas
conta dos pecados,
¿quen, Señor,
se terá en pé?
Mais en ti
está o perdón,
para te
faceres respectar.
Eu espero no
Señor, a miña alma espera;
eu confío na
súa palabra.
A miña alma
vólvese ó Señor,
máis do que
os vixías á aurora.
Se os vixías
esperan a aurora,
que Israel
espere ó Señor,
pois no Señor
está o amor
e a redención
cumprida.
El é quen
redime a Israel
de tódolos
pecados.
Segunda Lectura Rom 6, 3-9
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Andemos na novidade de vida
¿Ou ignorades
que a cantos nos bautizaron para Cristo Xesús, bautizáronos para unirnos á
morte del? Enterrámonos, logo, con el polo bautismo para a morte, para que,
como Cristo foi resucitado dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós
camiñemos nunha vida nova. Pois se fomos enxertados nel pola semellanza dunha
morte coma a del, seguro que tamén o seremos por unha resurrección semellante.
Tendo en
conta isto, o noso home vello foi crucificado, para que fose destruído o corpo
pecador, a fin de non servirmos máis ó pecado. Porque o que morre queda
liberado do pecado.
Se xa
morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El; e ben sabemos que
Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada
contra El.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
Evanxeo Xn 14, 1-6
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Na casa do meu Pai hai moitas moradas
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Na casa do meu Pai hai moitas moradas
Non vos
agoniedes: crede en Deus e mais crede en min. Na casa do meu Pai hai moitas
moradas; doutro xeito, ¿teríavos dito que vos ía arranxar un lugar? E cando
vaia e vos arranxe un lugar, volverei e collereivos comigo, para que, onde
estea eu, esteades vós tamén. E a onde eu vou, vós ben sabedes o camiño.
Dille Tomé:
‑Señor, se non sabemos onde vas, ¿como
imos saber o camiño?
Xesús
respondeulle:
‑Eu son o camiño, a verdade e a vida:
ninguén chega onda o Pai máis ca por min.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
CHORAR E REZAR
[Conmemoración
de todos os defuntos]
Podemos
ignorala. Non falar dela. Vivir intensamente cada día e esquecernos de todo o
demais. Pero non o podemos evitar. Tarde ou cedo, a morte vai visitando os
nosos fogares arrebatándonos aos nosos seres máis queridos.
Como
reaccionar ante ese accidente que se nos leva para sempre ao noso fillo? Que
actitude adoptar ante a agonía do esposo que nos di o seu último adeus? Que
facer ante o baleiro que van deixando na nosa vida tantos amigos e persoas
queridas?
A morte é
como unha porta que traspasa cada persoa a soas. Unha vez pechada a porta, o
morto ocúltasenos para sempre. Non sabemos que foi del. Ese ser tan querido e
próximo pérdesenos agora no misterio. Como vivir esa experiencia de impotencia,
desconcerto e pena inmensa?
Non é fácil.
Durante estes anos habemos ir cambiando moito por dentro. Fixémonos máis
críticos, pero tamén máis vulnerables. Máis escépticos, pero tamén máis
necesitados. Sabemos mellor que nunca que non podemos darnos a nós mesmos todo
o que no fondo anhela o ser humano.
Por iso quero
lembrar, precisamente nesta sociedade, unhas palabras de Xesús que só poden
resoar en nós, se somos capaces de abrirnos con humildade ao misterio último
que nos envolve a todos: «Non se turbe o
voso corazón. Crede en Deus Crede tamén en min».
Creo que case
todos, crentes, pouco crentes, menos crentes ou malos crentes, podemos facer
dúas cousas ante a morte: chorar e rezar. Cada un e cada unha, desde a súa
pequena fe. Unha fe convencida ou unha fe vacilante e case apagada. Nós temos
moitos problemas coa nosa fe, pero Deus non ten problema algún para entender a
nosa impotencia e coñecer o que hai no fondo do noso corazón.
Cando tomo
parte nun funeral, adoito pensar que, seguramente, os que nos reunimos alí,
convocados pola morte dun ser querido, podemos dicirlle así: “Estamos aquí porque te seguimos querendo,
pero agora non sabemos que facer por ti. A nosa fe é pequena e débil.
Confiámoste ao misterio da Bondade de Deus. El é para ti un lugar máis seguro
que todo o que nós che podemos ofrecer. Se feliz. Deus quérete como nós non
soubemos quererte. Deixámoste nas súas mans.”
José Antonio Pagola
MONICIÓN DE ENTRADA
Onte, sábado, celebrabamos o día de Todos os Santos.
E hoxe dispómonos a iniciar a Eucaristía do domingo dedicada a todos os Fieis
Defuntos. E antes de nada recibir nosa máis cordial benvida. Hai que dicir -aquí
e agora- que en ocasións resulta difícil, facer da Eucaristía unha celebración
festiva e o día de defuntos, é unha delas. Empezaremos cantando, aínda que cun
nó na garganta, porque persoas moi queridas e próximas, estarán a celebrar esta
Eucaristía desde o Ceo. Pero, desde alí anímannos e dinnos: Poñede o voso
sufrimento nas mans do Pai! Non teñades medo; aínda que vos pareza
incomprensible, facédeo así! A dor, nas mans do Pai, convértese en redención.
Non esteades tristes! Non se turbe o voso corazón! Na vida, xunto a Deus,
compróbase a realidade das palabras de San Paulo: “Cando morre con Cristo, vívese con El”
MONICIÓN SOBRE AS LECTURAS
A primeira lectura é do Libro das Lamentacións e
preséntanos, precisamente, o queixume de quen espera xa, en silencio a
salvación do Señor, aínda que non furta explicar o seu desánimo. É un texto
duro, sen dúbida.
O Salmo 129 é o conocidísimo “De Profundis” moi usado en exequias. O seu primeiro verso é
impresionante: “Desde o máis profundo
clamo a ti Señor”. Tamén é un dos salmos penitenciales que se usan na nosa
liturxia. O salmista, naquela época, facía referencia aos males de toda a
nación xudía, non de só unha persoa, que espera o perdón do Deus
misericordioso.
A segunda lectura pertence ao capítulo sexto da
Carta do Apóstolo San Paulo aos Romanos. E aí puidemos escoitar unhas palabras
impresionantes que, desde logo, definen perfectamente a celebración de hoxe: “Por tanto, se morremos con Cristo, cremos
que tamén viviremos con el, pois sabemos que Cristo, unha vez resucitado de
entre os mortos, xa non morre máis; a morte xa non ten dominio sobre el.”
No evanxeo de San Xoán, no seu capítulo 14, Xesús
ofreceunos a razón da súa marcha: vai prepararnos a vida futura. Di: “Na casa do meu Pai hai moitas estancias, e
voume a prepararvos sitio”. A vida futura, a vida tras a morte é ir á Casa
do Pai a vivir con Xesús para sempre. E iso é o que con enorme alegría debemos
celebrar hoxe.
ORACIÓN DOS
FIEIS
Para que Deus conceda o descanso eterno aos que
creron no e esperaron nas súas promesas. Roguemos ao Señor
Resposta: DÁLLES, SEÑOR, O DESCANSO ETERNO
- Polos cristiáns. Para que saibamos descubrir que,
detrás da morte, escóndese a firme esperanza que Cristo nos deixou:
resucitaremos! Roguemos ao Señor.
Dálles,
Señor, o descanso eterno
- Polos que foron pais e educaron en cristián; polos
que sendo mozos non alcanzaron a madurez; polos que, como anxos, pecharon os
ollos sendo nenos; polos que, con engurras no seu rostro, marcharon deste
mundo, decepcionados ou abandonados polos seus seres queridos. Para que Deus
déalles o premio merecido. Roguemos ao Señor.
Dálles,
Señor, o descanso eterno
- Polos que viven sen fe. Polos que ante a dura
realidade da morte non atopan respostas. Para que Deus mova os seus corazóns e
énchalles da súa Graza. Roguemos ao Señor.
Dálles,
Señor, o descanso eterno
- Por todos os queen a longa historia do
cristianismo morreron coa firme esperanza da Resurrección. Para que un día
Divos fágalles contemplar, xunto a nós, a claridade e a fermosura do seu
rostro. Roguemos ao Señor.
Dálles,
Señor, o descanso eterno
- Por todos os que están enterrados neste cemiterio
(silencio). Para que Deus, polo noso recordo, oración e o seu gran misericordia
levántelles un día daquela morte que agora lles humilla. Roguemos ao Señor.
Dálles,
Señor, o descanso eterno
CANTOS
ENTRADA:
Renovados co seu poder
ENTRELECTURAS:
Quérote escoitar, meu Deus
SANTO:
Santo
COMUÑÓN:
Cantares de resurrección
POWER POINTS
LEMBRADE:
- Hoxe
o altar non se adorna con flores.
- A
música de órgano e outros instrumentos só se permite para soster o canto.
- Hoxe
non se permiten outras celebracións agás a Misa de exequias.
CAMIÑO, VERDADE E VIDA
Non falaches de camiños
porque es o camiño.
Non falaches de verdades
porque es a verdade.
Non falaches da vida
porque es ti a vida.
Ti es
o Camiño, a Vida e a Verdade.
Camiño, Verdade e Vida
é a vida do Señor
desde que pobre nace en Belén
ata que triunfa na súa resurrección.
Camiño, Verdade e Vida
é a vida de Xesús
desde que oculto naceu en Nazaret
ata que dixo "do mundo son luz".
Camiño, Verdade e Vida
é a vida do Señor
desde que a todo esixiu renunciar
ata que a todos a súa vida nos deu.
Camiño, Verdade e Vida
é a vida do Señor
desde que manda a todos amar
ata que esixe o completo perdón.
Camiño, Verdade e Vida
é a vida do Señor
desde que esixe a ofensa esquecer
ata que a todos nos brinda o perdón.
J. A. Oliveiral-C. Gabarain
Comentarios
Publicar un comentario