Dicíao referíndose ao templo do seu corpo - Xn 2, 13-22

Dedicación á Basílica de Letrán 
9 de novembro


ORACIÓN DE OFRECEMENTO

Señor Xesús:

Entrégoche as miñas mans para facer o teu traballo.

Entrégoche os meus pés para seguir o teu camiño.

Entrégoche os meus ollos para ver como ti ves.

Entrégoche a miña lingua para falar as túas palabras.

Entrégoche a miña mente para que Ti penses en min.

Entrégoche o meu espírito para que Ti ores en min.

Sobre todo entrégoche o meu corazón 
para que en min ames ao teu pai e a todos os homes.

Entrégoche todo o meu ser para que crezas Ti en min, 
para que sexas Ti, Cristo, quen viva, traballe e ore en min.



Comentarios

Publicacións populares