A33. Ditosos os que temen o Señor - salmo 127

Domingo 33 de ordinario - ciclo A


ORACIÓN DA ANCIANIDADE

Xa van os meus cabelos imitando
do cisne as plumas, e a engurrada testa
xa máis sensiblemente manifesta
que o termo dos meus días ven chegando.

Na lembranza dos erros saloucando,
a morte se me finxe tan funesta
que este pequeno espazo que me resta
me está continuamente atormentando.

Oh, quen nunca soubese que nacía
para acabar tan breve, e que este alento
a semente da morte en si traía!

Mais un Deus, que me rexe o pensamento,
pode facer que o prazo de un só día
produza o meu maior contentamento.


            Claudio Manuel da Costa (1729-1789)


Comentarios

Publicacións populares