Estade á espreita: non sabedes cando vai chegar o señor da casa-Mc 13, 33-37
Domingo 1 de Advento - ciclo B
GRAZAS, SEÑOR
Grazas, Señor,
porque me invitas a achandar os vieiros,
a preparar o camiño para que veñas.
Grazas, Señor,
porque queres contar comigo.
Grazas, Señor,
porque queres entrar na miña casa
e facer dela unha morada nova.
Grazas, Señor,
porque te lembras de nós e de min,
e te pos no camiño
polo que eu vou camiñando,
para que te atope
porque Ti me atopaches.
Grazas, Señor,
Porque vés,
porque estás,
porque estarás.
Grazas, Señor.
Comentarios
Publicar un comentario