NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 
 
 
A VERDADEIRA REVOLUCIÓN DO EVANXEO: 
VIVIR EN IGUALDADE
25 de novembro
MAMEN HERNÁNDEZ COBOS, currocorre@yahoo.es 
MADRID.

ECLESALIA, 25/11/14.- «O amor do meu home non quererá rotularme e etiquetarme, darame aire, espazo, alimento para crecer e ser mellor, como unha revolución que fai de cada día o comezo dunha nova vitoria. O amor do meu home será como un vento fresco levándose entre nubes de soño e de pasado, as debilidades que, por séculos, nos mantiveron separados como seres de distinta estatura».
Hoxe 25 de novembro, día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, grito como Gioconda Belli «Revolución», unha revolución que se traduce en cambio e conquista. Hoxe sublévome, conspiro, provoco un motín, constrúo a miña historia, esquezo arcaicas herdanzas, pronúnciome, levántome. Nunca máis serei dominada, nin controlada, nin ninguén sobre min exercerá relacións de poder e desigualdade; fuxirei de enganosos argumentos, desoirei as escusas, silenciarei as falsas promesas. Esixirei responsabilidades de forma individual e colectiva, ao agresor, a quen rexeitan educar en igualdade, ás institucións que non dotan dos recursos necesarios, a todas as persoas que coas súas palabras perpetúan comportamentos machistas, á xente que non inclúe senón exclúe, a quen restan e non suman, ás políticas miopes, a esa parte da igrexa que aínda non denuncia con suficiente firmeza e rotundidade todas e cada unha das agresións que sofren as mulleres. Desde aquí pido á igrexa que se converta na voz das maltratadas, das vítimas, que tome as rendas deste fenómeno que atenta contra os máis básicos dereitos humanos, que incorpore un rexistro nas súas web institucionais, que desde os púlpitos condene con enerxía cada caso de violencia, que estableza liñas de apoio, que dote de axudas específicas, que faga visible todas as prácticas e situacións que transgridan a súa dignidade.
 Hoxe póñome en pé, e vexan, non son de distinta estatura, non me vou a reinventar, serei o que son, unha muller. Sexamos capaces de vivir relacións horizontais, de equidade.

 25 de novembro, hai que previr e protexer, a sociedade contraeu unha débeda connosco. E esta é a mensaxe revolucionaria do evanxeo, a pedra angular, iguais: 
« Xa non hai xudeu nin grego; non hai escravo nin libre; 
non hai varón nin muller; porque todos vós sodes un en Cristo Xesús » 
Gálatas 3,28. 

TOMADO DE:

Comentarios

Publicacións populares