16 mar. 2014

Veña a nós, Señor, a túa misericordia, como de ti o esperamos.- Salmo 32

Domingo 2 de Coresma - ciclo A



 SOMOS CONSTRUCIÓN DE DEUS

Somos construción de Deus, 
non nos pertencemos. 

Somos cidade no alto.


É absurdo achegarse;
pero estamos feitos todos e todas 
para a colaboración mutua,
para a iluminación mutua,
para o reforzamento mutuo.

Estamos feitos para a comunidade, 
para dar e recibir luz, calor, ánimos, ideas ...

A primeira luz son os feitos bos, non as palabras; 
e o fin non é  o propio lucimento,
senón a bendición de Deus.

Porque o Deus que hai en nós, o Deus que somos, 
é o autor de todas estas humildes marabillas.



                                                           (Manolo Regal, A Graza .. .) 



No hay comentarios:

Publicar un comentario