Domingo 4 de Coresma - ciclo A
DOMINGO IV DE
CORESMA - CICLO A
LECTURA DO LIBRO PRIMEIRO DE SAMUEL
David é unxido como rei de Israel
Naqueles
días, díxolle o Señor a Samuel:
‑
Enche o corno de óleo e vaite, de parte miña, onda Iexé, o de Belén, pois
escollín entre os seus fillos un rei para min.
Cando
chegou a Belén, viu a Eliab e pensou:
‑
"De seguro que o Señor ten diante de si o seu unxido".
Pero
o Señor díxolle a Samuel:
‑
"Non te fixes no seu aspecto, nin na súa moita estatura. Ese téñoo
excluído, pois Deus non olla como os homes. Os homes ven as aparencias, pero
Deus ve o corazón".
Iexé
fixo pasar a sete dos seus fillos á vista de Samuel e Samuel dixo:
‑
"Ningún destes é o escollido do Señor".
Samuel
preguntoulle a Iexé:
‑
"Xa non tes máis rapaces?" E el respondeulle:
‑
"Queda aínda o pequeno, que está gardando as ovellas".
Samuel
díxolle:
‑
"Pois manda que o traian, xa que non nos sentaremos á mesa ata que el
chegue". Iexé mandou que o fosen buscar.
Era
louro, de ollos fermosos e de bo parecer.
O
Señor dixo a Samuel:
‑
"Érguete e únxeo, pois é este".
Samuel
colleu o corno do óleo e unxiuno diante dos seus irmáns.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6
R/. (1): O Señor é o meu
pastor: nada me falta.
O Señor é o meu pastor, nada me
falta:
En pastos verdecentes faime
repousar.
El lévame a beber en augas
tranquilas
e repón as miñas forzas;
Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
Se tiver de pasar por valgadas
sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas
comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o
meu sosego.
Ti pos para min a mesa,
á cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.
O teu benquerer e a túa
misericordia vanme seguindo
tódolos días da miña vida.
Eu habitarei na casa do Señor
por días prolongados sen fin.
Segunda Lectura Ef 5, 8-14
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS
Érguete de entre os mortos e hate
iluminar Cristo
Irmáns:
Antes
erades tebras, pero agora sodes luz no Señor. Así que andade coma fillos da
luz, (porque o froito da luz é toda bondade, xustiza e verdade), tendo en conta
o que agrada ao Señor.
E
non compartades as obras estériles das tebras; polo contrario, evidenciádeas,
que do realizado por eses tales ás agachadas dá vergonza mesmo falar.
Pero
todo iso, cando o delata a luz, queda ao descuberto, pois todo o que se
manifesta é luz. Por iso di a Escritura:
Acorda,
ti que estás a durmir,
érguete de entre os mortos
e Cristo iluminarate.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO Xn 8, 12
Eu son a luz do mundo, di o
Señor;
quen me segue, terá a luz da
vida.
Evanxeo Xn 9, 1-41
(longo)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Foise, e lavouse, e volveu vendo
Naquel
tempo, ao pasar, Xesús viu a un cego de nacemento. Entón preguntáronlle os seus
discípulos:
‑
Mestre, quen pecou, para que nacese cego: el ou seus pais?
Xesús
respondeu:
‑
Nin pecou el nin os seus pais, senón que está cego para que se mostren nel as
obras de Deus. Precisamos facer as obras do que me mandou mentres é día; está a
chegar a noite e daquela ninguén pode traballar. Mentres eu estou no mundo, son
a luz do mundo.
Dito
isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos ollos do cego,
dicíndolle:
‑
Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir "enviado").
El
foi, lavouse e volveu con vista. Entón os veciños e os que antes o viran andar
a pedir preguntaban:
‑
Non é este o que estaba sentado a pedir?
Uns
dicían: "éche o mesmo"; outros, "non, é un que se lle
asemella"; e el dicía: "son eu".
Entón
preguntábanlle:
‑
Daquela, como se che abriron os ollos?
El
respondeu:
‑
O home que se chama Xesús fixo lama, untoume os ollos, e díxome: "Vai a
Siloé e lávate". Entón fun e, ao que me lavei, comecei a ver.
Preguntáronlle:
‑
Onde está ese?
El
contestou:
‑
Non o sei.
Levaron
onda os fariseos o que fora cego. (Era sábado o día que Xesús fixera lama e lle
abrira os ollos). E outra vez lle preguntaban tamén os fariseos como chegara a
ver. El respondeulles:
‑
Untoume lama polos ollos, laveime e vexo.
Algúns
dos fariseos dicían: "Este home non vén de Deus, que non garda o
sábado". Outros, en cambio, dicían: "Como ía poder un home pecador
facer estes sinais?" E había división entre eles.
Entón
preguntáronlle outra vez ao cego:
‑
A ti que che parece ese home que lles deu a vista aos teus ollos?
El
contestou:
‑
Que é un profeta.
Os
xudeus non lle creron que fose cego e que chegase a ver, ata que chamaron polos
seus pais e lles preguntaron:
‑
É este o voso fillo, o que vós dicides que naceu cego? Logo, como é que agora
ve?
Os
pais responderon:
‑
Nós sabemos que este é o noso fillo e que naceu cego: como é que agora ve, non
o sabemos; nin sabemos tampouco quen lle deu a vista. Preguntádelle a el, que
ten anos para falar en por si.
(Isto
dixérono os pais, porque lles tiñan medo aos xudeus, pois xa se puxeran de
acordo en que, se alguén o recoñecía como Mesías, botábano da sinagoga. Por
isto dixeron seus pais: "Ten idade, preguntádelle a el").
Chamaron
por segunda vez polo home que fora cego e dixéronlle:
‑
Dá gloria a Deus: nós sabemos que ese home é un pecador.
El
entón respondeu:
‑
Eu non sei se é un pecador; só sei unha cousa: que eu antes era cego e que
agora vexo.
Dixéronlle
entón:
‑
Pero, que foi o que che fixo? Como che deu a vista?
Respondeulles:
‑
Xa volo dixen e non me fixestes caso. Por que queredes oílo outra vez? Ou é que
tamén queredes facervos discípulos del?
Eles
enchérono de aldraxes e dixéronlle:
‑Serás
ti discípulo del; nós somos discípulos de Moisés. Nós sabemos que a Moisés lle
falou Deus; deste, polo contrario, non sabemos de onde é.
O
home replicoulles:
‑
Pois nisto precisamente está o admirable: en que vós non sabedes de onde é e el
deulles a vista aos meus ollos. Sabemos que Deus non escoita os pecadores, pero
se un é piadoso e fai a súa vontade, a ese escóitao. Endexamais se soubo de
ninguén que dese vista a un cego de nacemento: se este non viñese de Deus, non
podería facer nada.
Respondéronlle
eles:
‑
Ti naciches todo metido en pecados, e vasnos ensinar a nós?
E
botárono fóra.
Oíu
Xesús que o botaran fóra, buscouno e preguntoulle:
‑
Cres ti no Fillo do Home?
El
respondeulle:
‑
E quen é, Señor, para que crea nel?
Díxolle
Xesús:
‑
Éche o mesmo que estás vendo e que está a falar contigo.
El
dixo:
‑
Creo, Señor.
E
prostrouse diante del.
Entón
dixo Xesús:
‑
Para realizar un xuízo vin eu a este mundo: para que os que non ven, vexan; e
os que ven, se volvan cegos.
Oíron
isto algúns dos fariseos que estaban onda el, e preguntáronlle:
‑
E, logo, nós tamén estamos cegos?
Xesús
contestoulles:
‑
Se estivésedes cegos, non teriades pecado; mais, como dicides que vedes, o voso
pecado permanece.
Ou
máis breve: 1. 6-9. 13-17. 34-38
LECTURA
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Naquel tempo, ao pasar, Xesús viu a
un cego de nacemento. Cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos
ollos do cego, dicíndolle:
‑ Vaite lavar na piscina de Siloé
(que quere dicir "enviado"). El foi, lavouse e volveu con vista.
Entón os veciños e os que antes o viran andar a pedir preguntaban:
‑ Non é este o que estaba sentado a
pedir?
Uns dicían: "éche o
mesmo"; outros, "non, é un que se lle asemella"; e el dicía:
"son eu".
Levaron onda os fariseos o que fora
cego. (Era sábado o día que Xesús fixera lama e lle abrira os ollos). E outra
vez lle preguntaban tamén os fariseos como chegara a ver. El respondeulles:
‑ Untoume lama polos ollos, laveime
e vexo.
Algúns dos fariseos dicían:
"Este home non vén de Deus, que non garda o sábado". Outros, en
cambio, dicían: "Como ía poder un home pecador facer estes sinais?" E
había división entre eles.
Entón preguntáronlle outra vez ao
cego:
‑ A ti que che parece ese home que
lles deu a vista aos teus ollos?
El contestou:
‑ Que é un profeta.
Respondéronlle eles:
‑ Ti naciches todo metido en pecados
e vasnos ensinar a nós?
E botárono fóra.
Oíu Xesús que o botaran fóra,
buscouno e preguntoulle:
‑ Cres ti no Fillo do Home?
El respondeulle:
‑ E quen é, Señor, para que crea
nel?
Díxolle Xesús:
- Éche o mesmo que estás vendo e que
está a falar contigo.
El dixo:
‑ Creo, Señor.
E prostrouse diante del.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
NON QUEREMOS A LUZ QUE NOS CEGA, SENÓN A QUE NOS INDICA O CAMIÑO E NOS
INVITA A FACELO XUNT@S – 4º Coresma
SINAL DE CORESMA: Seguimos
poñendo unha nova pedra por riba do altar; e explicando a necesidade de
converter o tempo de Coresma en esforzo por cambiar o corazón de pedra en
corazón de carne.
ESCOITA ACTIVA
Paseniñamente, sen présa pero sen pausa,
imos debullando este tempo de graza que quere ser para cada un e cada unha de
nós a Coresma. Deus vaise manifestando, vai saíndo ao noso encontro, vainos
levando da man e mesmo no seu colo, esforzándose porque non vaiamos sós /soas.
A pesar dos nosos esquecementos, dos nosos retrasos, das nosas esixencias....,
El segue a confiar en nós. E nós, podemos dicir o mesmo? Porque se ben é certo
temos momentos de honradez, lealdade, coherencia e franqueza, unha grande parte
da nosa vida pasámola evitando: responsabilidades, compromisos, tomas de
decisións.... Danos medo abrir os nosos ollos e ver a realidade, porque
intuímos que “ver” terá consecuencias. Non queremos enfrontarnos ao que nos
obriga a cambiar, non queremos recoñecer que estamos precisados de conversión,
non queremos abandonar as nosas posicións, non queremos deixar atrás o vello e
as tebras para mergullarnos na luz de Cristo.
Por iso Deus, unha vez máis vén na nosa
axuda para ser luz no camiño da escuridade que, tantas veces, nos paraliza. Que
El, que nos convoca nesta mañá do cuarto domingo da coresma, nos dea forzas
para aceptar a súa invitación e podermos nós tamén dicir: “Só sei unha
cousa: que eu antes era cego/cega e agora vexo”.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
Para que entendamos que cambiar o corazón non é mirar
ao externo, senón deixar atrás canto nos corroe interiormente, SEÑOR, DÁNOS
LUZ PARA CAMBIAR A DUREZA DO NOSO CORAZÓN.
Para que saibamos gozar de canto nos invita a non
camiñar na tristura de quen só rosma, pero nunca ergue os ollos para mirar de
fronte, CRISTO, DÁNOS LUZ PARA CAMBIAR A DUREZA DO NOSO CORAZÓN.
Para que busquemos o que nos afasta da tebra que
xustifica a inxustiza e a xenreira, e atopemos o que nos fai camiñar na paz e o
entendemento, SEÑOR, DÁNOS LUZ PARA CAMBIAR A DUREZA DO NOSO CORAZÓN.
PALABRA ENRAIZADA
ü Estar en actitude e
disposición de darlle un cambio á nosa vida non é nada fácil. Cústanos a todos,
porque supón recoñecer que hai cousas que non nos enchen, comportamentos que
camiñan na rutina de non saber por que os facemos e medos que nos paralizan e
impiden que afrontemos as situacións con realismo, sinceridade e verdade. E
isto pásanos a todos nalgún momento. Pero non chega con recoñecelo, necesitamos
facer algo... moito máis ca iso: hai que dar pasos que sexan capaces de que nos
decidamos a romper con todas estas situacións que nos van levando como se non
tiveramos máis ca superficialidade e baleiro na nosa vida. A primeira lectura
que escoitamos hoxe dános unha clave de por onde poderían ir as cousas se de
verdade estivésemos dispostos a romper con esta situación que tan insatisfeitos
nos deixa. E este cambio está en prestar atención á chamada que Deus sempre nos
fai, como fixo con Samuel, a non deixarnos levar das primeiras impresións.
Estas non adoitan ser nin as máis realistas nin as que ponderan e valoran
tódolos aspectos que hai que ter en conta á hora de tomar unha decisión. Tamén
a nós nos vai chamando e invitando a que o sigamos, pero non de calquera xeito,
senón de xeito que o que facemos, a nosa maneira de abordar as decisións
importantes da vida e as nosas relacións cos demais, saibamos facelas poñendo
no centro dese xeito de actuar e decidir á persoa, non as aparencias nin o
egoísmo de sacar a mellor tallada da situación. E como nos custa isto!
ü E para poder actuar
deste xeito, non podemos andar sempre na tebra que endurece o corazón e non nos
deixa actuar con responsabilidade e liberdade. Andar na tebra é decidir
inconscientemente, buscar só o que nos interese sen importarnos o mal que lle
podemos facer aos demais; facer as cousas para que nos vexan pero sen sentilas
nin ser capaces de actuar como pensamos. Porén, andar na luz supón aprender a
renunciar a recoñecementos externos, pero estar a gusto cun mesmo e coas
decisións tomadas. Inda que os demais fagan riso de nós e nos menosprecen. E
iso é así porque o que nos realiza como persoas e fai que nos aceptemos como
somos é a sinceridade, non a aparencia. Por dicilo dun xeito que todos
entendemos: o importante non é o papel que vai por fóra do regalo, senón o
regalo, é dicir: a intención coa que facemos as cousas, o esforzo por facelas
ben...e non a perda de tempo en cousas moi aparentes, pero que no fondo non
valen nada. E iso só pode entendelo e actuar en consecuencia quen se toma en
serio que temos que camiñar buscando a luz que nos impida perdernos ou
enredarnos en encrucilladas que non acaban de axudarnos a tomar a dirección
adecuada.
ü E que mellor dirección
que a que nos ofrece Xesús, unha vez máis, no evanxeo!. Namentres os que
estaban ao seu redor perdían o tempo discutindo se a cegueira daquel home era
culpa do pecado dos seus pais, Xesús non para niso, senón que lle ofrece claves
moito máis profundas para entender o sentido da vida. Un non pode pasar a vida
eludindo responsabilidades e botándolle a culpa do que nos pasa aos demais: se
o destino, se a familia, se os amigos, se a moza/o, se ... como se non foramos
libres para tomar decisións e actuar en consecuencia!. A vida vaise construíndo
desde as decisións que tomamos respecto a como queremos vivila, asumir as
consecuencias das opcións que nos moven e das decisións que desde esas opcións
temos que tomar. E só unha ten que emerxer sempre con forza, como guía de todo
o demais: queremos ou non que Xesús acompañe a nosa vida? Se de verdade o
queremos, temos que estar dispostos a mergullarnos no evanxeo e deixar que a
luz da súa palabra vaia iluminado a nosa vida; pero iluminándoa de verdade e
camiñando desde a liberdade. Nin os pais, nin os amigos, nin as circunstancias
poden decidir por nós. Axudarannos, acompañarannos, alentarannos, pero os que
decidimos somos nós, pois somos os únicos que debemos actuar desde a liberdade
e orientándonos cara ao que nos fai felices. Non na felicidade aparente, a do
papel de regalo, senón a real, a do regalo mesmo. Disto é do que nos fala hoxe
Xesús cando nos chama a non botarlle a culpa a ninguén, porque os que
decidimos, para ben ou para mal, sempre temos que ser nós.
FRATERNIDADE ORANTE
Chamados a buscar a luz
que nos ofrece Xesús para non trabucar o camiño, dicimos xuntos:
SEÑOR, QUE NON NOS
AFASTEMOS DA TÚA LUZ
* Pola Igrexa, para en calquera parte do mundo onde
desenvolva a súa misión non se deixe nunca engaiolar por canto é ficticio e
irreal do poder e a riqueza, esquecendo que son as persoas, e principalmente ás
máis pobres ás que ten que servir co seu testemuño, OREMOS.
SEÑOR, QUE NON NOS AFASTEMOS DA TÚA LUZ
* Por cantos formamos parte das nosas comunidades
parroquiais, para que non teñamos medo de achegarnos ao evanxeo que
sempre é chamada a actuar acompañando, colaborando e preocupándonos dos
veciños que neste momento de falta de traballo e recursos, necesitan da nosa
axuda, OREMOS.
SEÑOR, QUE NON NOS AFASTEMOS DA TÚA LUZ
* Por cada un/ha dos que estamos hoxe na celebración,
para que deixemos que a luz da mensaxe de Xesús enchoupe o noso corazón e nos
axude a deixar atrás o corazón de pedra, sempre orgulloso e insolidario,
OREMOS.
SEÑOR, QUE NON NOS AFASTEMOS DA TÚA LUZ
Que a
túa luz, Señor, ilumine cada recuncho da nosa vida, para facernos ver a
necesidade de cambiar deixando atrás actitudes e comportamentos que nin nos fan
felices nin nos achegan a cantos nos necesitan. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
Xesús, luz, cura a miña cegueira,
que me poden as tebras,
perigosas e feas.
Guía os meus pasos na miña noite,
como fixeches cos Magos e a súa estrela.
Aplica aos meus ollos o colirio da verdade,
e sácame da noite, como fixeches con Nicodemo.
Quero verte, que te vexa.
E limpa, Señor, os meus ollos,
co colirio da esperanza e da misericordia,
co colirio do perdón e do amor;
sabendo que, cando cheguen a dor e a tristura,
no teu pan e na túa palabra,
atoparei o colirio da fe.
(Caritas, Cuaresma y Pascua 2014. P 84/85)
CANTO GOZOSO
Eu sei de quen me fiei
LECTURAS:
O Señor é o meu pastor
OFERTORIO:
Grazas, Señor, na mañá
COMUÑÓN:
Seguirei os teus pasos
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario