23 mar. 2014

Manancial de auga que salta ata a vida eterna - Xn 4, 5-42

Domingo 3 de Coresma - ciclo A



Á HORA SEXTA

Estaba alí, en Sicar, Xesús sentado,
á hora sexta;
canso do camiño sentía
á hora sexta;
o cansazo do mundo acumulado,
á hora sexta.

Estaba alí sediento, xunto ao pozo,
á hora sexta;
e achégase sedienta a muller,
á hora sexta.
Toda a sede do mundo repártense,
á hora sexta.

É a hora do cansazo e do desexo,
é a hora da loita e a agonía,
é a hora de promesas e esperanzas,
na sede de Cristo.

E pediu o sediento á sedienta,
á hora sexta.
E ofreceu auga o sediento á sedienta,
á hora sexta.
Toda a sede saciada para sempre,
á hora sexta.

Esgotado na cruz estaba alzado,
á hora sexta;
gritou forte a súa sede a todo o mundo,
á hora sexta;
ríos deixou escapar o seu corazón,
á hora sexta.

É hora de agonía e de dores,
é a hora da sede e amor supremo,
a gran hora en que Deus se nos entrega
na auga de Cristo.


CARITAS
RIOS DO CORAZON
CORESMA E PASCUA 1993

No hay comentarios:

Publicar un comentario