Coresma 4A. O Señor é o meu pastor, nada me falta - Salmo 22

Domingo 4 de Coresma - ciclo A


Hoxe Deus te convoca.
Hoxe Deus sae ao teu paso.
Hoxe Deus te suxire, con rumoreo de invitación:
Volve a min. Estou a esperarte.

Rasga o teu corazón e purifícalo de todo o que o aparta de min.
Pregúntate: Quen é o teu deus? A quen ou a que adoras?

Hoxe Deus che di:
Este é o tempo oportuno.
Esta é unha nova oportunidade.
Este é un día de salvación.

En nome de Deus: Déixaste reconciliar con Deus?.

Hoxe Deus che di:
Non vivas de aparencias.
Traballa en segredo o teu corazón ata facelo semellante a Deus.
Entra no segredo da túa vida. Atrévete.
Deus está no escondido, no teu dentro máis íntimo.
Entra alí, no teu dentro.
Atravesa a superficialidade que che rodea.
Entra no teu dentro e ora.

Deus escoita a túa secreta oración.
Deus ten ganas de intimar contigo.
Deus está a esperarte.

Hoxe Deus espera:
Facerte novo.
Alegrar a túa vida.

Comentarios

Publicacións populares