Día do Síndrome de Down - 21 de marzo

ADICADO ÁS FAMILIAS QUE MIRAN 
ÓS SEUS FILLOS CON ESPERANZA 


-------------------------------

Un talento precoz

Emmanuel naceu o  21 de decembro de 1996 na cidade estadounidense de Grafton. Axiña sorprendeu a todo o contorno que o rodeaba. Aos dous anos xa lía e tan só aos tres xa era capaz de ler tarxetas en francés nun colexio de Illinois.

Con só seis aniños leu o discurso de benvida do Congreso anual da Sociedade Nacional de Síndrome de Down. Fíxoo en tres idiomas perante un auditorio de máis de 600 persoas.  A esa mesma idade xa aprendía a tocar o violín, unha das súas maiores afeccións.

A vida de Emmanuel seguía indo a esta velocidade de vertixe. Aos 8 anos montaba en bicicleta e era medallista nas Olimpiadas Especiais do Estado tanto en golf como en natación onde gañou nos 200 e 400 metros libres. Dous anos máis tarde marcaba varios marcas na categoría júnior en distintas probas de natación.


O violín, a súa arma e o seu escudo

Aos 12 anos deu un recital co violín no Décimo Congreso Mundial de Síndrome de Down que se celebrou en Irlanda no 2009. Alí ademais, fixo unha presentación nunha das sesións de traballo.

Un ano despois podía ser ao fin acólito na súa parroquia e aos catorce recibía o ansiado sacramento da Confirmación. En 2010 cumpría outro dos seus soños e para o Día Mundial da Síndrome de Down foi invitado a tocar en Turquía cunha orquestra sinfónica.


O seu obxectivo é axudar a outros nenos

Emmanuel foi educado na casa e seus pais nunca dubidaron das súas capacidades. Con esforzo e perseveranza este neno podería sobrepoñerse á discapacidade. Por iso, o principal labor deste rapaza é  precisamente isto, que o seu exemplo de superación valla ao resto.

Nas súas presentacións fala ao fin e ao cabo da súa vida, dun adolescente con síndrome de Down que ten intereses, que lle gusta o deporte e a música, que nada, que anda en bicicleta.

O seu obxectivo con isto se formula principalmente en catro puntos:

1.      Destacar as habilidades, talentos, dons e o potencial dos nenos con esta discapacidade.
2.      Contrarrestar as baixas expectativas nos síndromes de Down.
3.      Demostrar que a alegría de vivir non se opón a estas persoas.
4.      Mitigar o feito de que todo o dito ou escrito sobre a síndrome de Down provén principalmente de persoas sen esta discapacidade.




Un exemplo para todos


Mostra destas charlas foi a que se produciu en decembro de 2012 en Houston na reunión anual sobre a Trisomía 21. Alí Emmanuel engaiolou a todos relatando as súas aventuras e as súas viaxes polo  mundo, sobre os seus 
estudos e tamén sobre o seu violín.  Tamén falou unha parte en francés comentando as obras de arte que visitara durante a súa estancia en París. Logo respondeu a preguntas sobre a súa vida e a dúbidas que outras persoas poden ter.

A súa educación na casa foi reveladora para moitos así como a importancia da alfabetización temperá. Exemplos concretos axudan de xeito especial nunha loita contracorrente. O seu testemuño, máis pola súa capacidade de superación que polas súas habilidades concretas, son un estímulo e un gran empuxe, para tantos nenos con síndrome de Down e as súas familias. Non están sós e por suposto que son útiles, máis do que se podan chegar a imaxinar.


TOMADO DE : http://www.religionenlibertad.com/articulo.asp?idarticulo=31458

Comentarios

Publicacións populares